Salgueiro, Roberto

Nace en Caracas en 1966. Director da Aula de Teatro da Universide de Santiago de Compostela desde 1990, os seus traballos como autor e director presentáronse en diversas localidades de Galicia, España e doutros países. (Rótterdam, Bruxelas, Bergen, Casablanca, San Xoán de Porto Rico, Rouen, Nova York, Konstanz...). Ten publicados diversos traballos de investigación teatral e crítica literaria.

Publicacións

  • Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can). Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2009.
  • Historia da chuvia que cae todos os días. Premio Álvaro Cunqueiro 2007.
  • Memoria de Helena e María. Premio de Teatro Abrente 2006.
  • Apnea. Baía Teatro, Baía Edicións, 2003. Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro 2002.
  • Molière final. Xerais, 2003. Premio Álvaro Cunqueiro 2002.
  • Matanza. Deputación da Coruña, 2002. Finalista Premio Rafael Dieste 2001.
  • Historia de María atrapada. Cadernos de Teatro, 2001.
  • Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado. Xerais, 2000. Premio Álvaro Cunqueiro 2000.
  • Teatro Nacional e nacionalismo. Báter, comedia claustrofóbica. Noitearenga, 1999.
  • Opereta do panadeiro. Art Teatral, 1998.
  • Isto é horrible, moi horrible e eu tamén. ASPG, 1996.
  • Historia de Neera. Teatro do Atlántico, 1990. Finalista Premio A. Cunqueiro 1989.
  • O arce do xardín. Xerais, 1989. Premio Álvaro Cunqueiro 1988.