Nace en Dadín-Irixo (Ourense) no ano 1951. Estuda arquitectura técnica e socioloxía e ciencias políticas en Madrid, onde intervén na organización do nacionalismo, sendo cofundador da Agrupación Cultural Lóstrego, da que foi presidente.

Presidiu a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. Na actualidade é presidente do Seminario A Nosa Terra, e dirixe Edicións A Nosa Terra. Traballa no Servicio de Urbanismo da Xunta de Galicia.

Publicacións

  • O rostro da terra. Baía Edicións, 1996.
  • Do olvido o río. Coleccións Esquío de Poesía. Ferrol, 1993.
  • A árvore das sete palabras. Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1989.
  • Mar do Fin da Terra. Ed. Vía Láctea, 1987.
  • Ortigas da memoria. Ed. do Castro. Sada, 1985.
  • O cántico da fonte. Ed. do Castro. Sada, 1982.
  • Antonte das salamántigas. Ed. do Castro. Sada, 1980.
  • Silencios e conversas de inverno. Ed. Celta. Lugo, 1978.