Nace en Kaunas (Lituania) en 1979, aínda que actualmente reside en Tui. Realizou estudios de Círculo de Pintura, Casa dos Xóves en Kaunas (Lituania - 1986-1990),
Escola de Belas Artes en Kaunas (Lituania, 1990-1992), Escola de Martynas Mazvydas en Kaunas (Lituania, 1986-1997), Dirección de Publicidade, Escola de Educación Adicional en Kaunas (Lituania, 1997-2000), Tecnoloxías dos Medios Públicos na Facultade de Deseño e Tecnoloxías da Universidade Tecnolóxica de Kaunas (Lituania, 2000-2004). Actualmente é ilustradora e pintora.

Publicacións

  • A avoa do nobelo branco, de Paco López Barxas. Colección Xiz de Cor. Baía Edicións, 2009.
  • Os catro amigos, en versión de Xesús Carballo Sollino. Editorial Galaxia, 2009.
  • Acuarelas, de Rafa Villar. Editorial Galaxia, 2008.
  • Un ano de contos, de Bernardo Giráldez. Autoedición, 2008.
  • Zydinti aguona, de Maryte Akmantaviciute-Kavaliauskiene. Gija, 2005.

 Podes saber algo máis de min en:

Páxina web de Kristina

e

Blog de Kristina

Correo electrónico

Kristina Sabaite