Nace en Ares no 1976. Traballa no eido da ilustración e a banda deseñada. Neste último campo, ademáis de números premios en concursos, ten publicadas tres novelas gráficas, “Un hombre feliz” (con prólogo de Miguelanxo Prado) gañou o Certame Castelao de Banda Deseñada e  recibiu o premio de mellor guión, por votación popular, no Saló del Cómic de Barcelona en 2008. “Cartas de Inverno”, adaptación da novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz, recibiu  nos premios da Asociación Galega de Editores, o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012. No 2014 ven de publicar “LA LUZ” e ilustrar o libro Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras, Gañadora do 6º Premio Meiga Moira de Literatura infantil e Xuvenil 2014.

No campo da ilustración fai traballos para revistas, xornais, webs, cubertas de libros e ilustracións para literatura infantil e xuvenil para diferentes editoriais, e realiza traballos para grupos musicais e discográficas (portadas, libretos, logos, camisetas, publicidade, carteis…) recibindo excelentes críticas en diversos medios nacionais e estranxeiros. Participou en distintas exposicións como na Fira do Disc de Barcelona no 2010, no Congreso internacional de ilustración "Ilustramundos" celebrada en Santiago de Compostela do 20 de febreiro de 2012 ata o 20 de abril de 2012, en Madrid en Ramses by Phillip Stark en 2014, etc.

Deseñou varios logos para a fundación benéfica de David Lynch e algunhas das súas ilustracións forman parte do decorado da serie de televisión “La que se avecina”.

 Contacto

http://www.agpi.es/ilustrador.php?id=10
http://antonioseijas.blogspot.com
www.antonioseijas.com
http://antonioseijas.blogaliza.org
https://www.facebook.com/pages/Antonio-Seijas/33256784138

antonioseijas@gmail.com
Tel: 649 23 07 66