Nace en 1961. Iniciou os seus estudios aos trece anos na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Maestro Mateo, da súa cidade natal, onde permaneceu catro anos de preparación para a carreira superior de Belas Artes, que cursa na Facultade de Salamanca, na que se licencia en 1988, para facer posteriormente un Magister Internacional de Creatividade Aplicada na Universidade compostelana. Actualmente exerce de profesora de debuxo en institutos de ensinanza media.

É seleccionada en varios certames colectivos e a súa obra recorre cidades de Galicia e Bélxica. Realiza pinturas murais e colaboración ornamental en instalacións públicas na Coruña.

Está reprensentada no Museo Unión Fenosa da Coruña e en coleccións institucionais de Galicia e Cataluña.


Publicacións

  • Ilustra o libro Termodonte e outros contos, de Begoña Martín Acero. Baía Narrativa, Baía Edicións, 2002.
  • VI Certame de artes plásticas cidade de Lugo. Autor/es: Lugo (Concello). Delegación de Cultura e Educación. Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (5º. 1998. Lugo).
  • V Mostra Unión Fenosa. Catálogo. A Coruña, 1997. Reproducido no catálogo do III Bienal de Lalín, editado pola Xunta de Galicia na p. 70.
  • IV Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo. Autor/es: Silvia Longueira Castro. A Coruña (Deputación Provincial). Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (4º.1996. A Coruña).