Nace na Coruña en 1954. É profesor de Lingua e Literatura no I. B. Monelos da Coruña. Desde 1975 ven desenvolvendo a súa actividade nos terreos da criación literaria, da análise de arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como en conferencias.

Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos A Carón e Galga. Ten colaborado, entre outras, en publicacións como TeimaMan ComúnGrialNordésAgáliaA Nosa TerraLa Voz de GaliciaEl Ideal GallegoLuzes de Galiza e Gran Enciclopedia Gallega.

O gravador Manuel Facal realizou a carpeta de gravados As Quatro Estacións, sobre poemas de Seoane e o libro de artista Irispaxaros. Ademais, tamén participou na realización de programas radiofónicos, poesía visual e mail art, e as súas conversas con significativos artistas galegos están recollidas no seu libro Identidade e convulsión: palabra e imaxe da nova arte galega.

Publicacións

  • Eu tamén oín as vozes do orvallo. Baía Branca, Baía Edicións, 1994.
  • Identidade e convulsión: palabra e imaxe da nova arte galega.
  • Regreso e Advenimento, 1990.
  • O Canto da Terra, 1987.
  • Iniciación e regreso (1985) co que recibiu o premio Cidade da Coruña en 1982.
  • Presencias, 1985.
  • Antoloxías poéticas De Amor e Desamor I (1984) e De Amor e Desamor II (1985).
  • Libro de reflexións e aforismos titulado Arca cotidiana/Irispaxaros, 1984.
  • En colaboración con Manuel Rivas, o cartafol de poemas Anisia e outras sombreas, 1981.
  • Os bosques encendidos, 1981.
  • A caluga do paxaro, 1979.
  • En colaboración con Raúl Regueira, Poesía experimental, 1978.