Solar, María

Nace en Santiago de Compostela. Licenciada en Xornalismo (SEK, Segovia), Bioloxía (USC) e diplomada en Maxisterio (USC), especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental (U. Politécnica de Madrid). Centra a súa actividade principal no mundo do xornalismo.

Presentadora e redactora de diversos programas da TVG: Vivir Aquí (2008), Ciencianosa (2006-08), Gala en Uruguay dos 100 anos do Himno (2007), Gala do Cocido de Lalín (2007), Clausura Festival de Cine Independente de Ourense (2006), Especiais: Loita contra o Lume (2006), En Pé de Festa (2006), Arrampla con Todo (2004) etc.

Na Radio Galega presentadora e directora do magazine As tardes da Galega durante oito anos ata 2005, así como varios programas máis. Colaboradora de prensa e revistas.


Publicacións

  • Boa Sorte. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2008. Novidosa colección de contos de literatura infantil mesturada sutilmente coa ciencia.
  • O tempo do revés. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2008. Novidosa colección de contos de literatura infantil mesturada sutilmente coa ciencia.
  • O libro do Noso Mar. Editorial Lea, 1999. Libro de ciencia divulgativo dirixido a público infantil.
  • Ecoloxía na Aula. Editorial Lea, 1997. Libro de ciencia divulgativo dirixido a público infantil.