Soliño Pérez, Ana

Nace o 13 de xullo de 1971 en Cangas. Licenciada en Bioloxía (1995), Suficiencia Investigadora (1999), Cursos de Doutorado (1997-1999) e Doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo (2004).

Realizou tamén un Curso de Implantación e Mantemento de Sistemas de Xestión Medioambiental (Escola de Estudios Medioambientais, 2003), Curso de Xestión Medioambiental (2003) e Curso de Aptitude Pedagóxica (C.A.P., 1997). Relatora, en colaboración coa Federación Española de Relixiosos da Ensinanza de Galicia e coa Dirección Xeral de Política Lingüística, no Seminario de Ciencias Sociais “O home e o medio” para profesores de ESO (2000-2001). Profesora en escolas de Cangas e Vigo. Participou tamén en varios Congresos.

Colabora con Asociacións como membro do Grupo Micolóxico Galego desde 1995 onde participa activamente nas excursións que organiza, orientadas a estudiar a diversidade micolóxica de Galicia e pertence ao equipo editorial da revista MYKES, boletín do “Grupo Micolóxico Galego”. Membro da Sociedade Galega de Historia Natural desde 1998, onde participa activamente nas excursións que se realizan, orientadas a promover o interese pola natureza. Membro tamén do Colexio Oficial de Biólogos desde 1996.

Publicacións

  • Sistema de análisis de puntos de peligro y control críticos en la industria hostelera: cómo desarrollar, aplicar e implantar un Sistema de APPCC. Ideaspropias Editorial, 2005.
  • Guía micolóxica dos ecosistemas galegos, en colaboración de Marisa Castro, Alfredo Justo e Purificación Lorenzo. Baía Edicións, 2005.
  • Coroloxía e fenoloxía dos macromicetos galegos: modelo dun sistema informático de información. Mykes (Boletín do Grupo Micolóxico Galego) 8: 7-22 (2005), coa colaboración de Marisa Castro.
  • Bibliografía fúngica galega: adicións e correccións. Mykes (Boletín do Grupo Micolóxico Galego) 5: 27-38 (2002), coa colaboración de J. Rodríguez-Vázquez e Marisa Castro.
  • Aportación ó catálogo macromicoloxico galego (Ascomycota, Basidiomycota): 1998-2000. Mykes (Boletín do Grupo Micolóxico Galego) 4: 37-64 (2001), coa colaboración de Marisa Castro.
  • Recopilación bibliográfica (1850-1997) de citas Macromicolóxicas de Galicia II: Basidiomycota (non Agaricales, Auriculariales, Boletales e Cantharellales) - Ascomycota. Mykes (Boletín do Grupo Micolóxico Galego) 3: 3-72 (2000), coa colaboración de Marisa Castro.
  • Recopilación bibliográfica (1850-1997) de citas Macromicolóxicas de Galicia I: Ordes Agaricales, Auriculariales, Boletales e Cantharellales. Mykes (Boletín do Grupo Micolóxico Galego) 2: 3-75 (1999), coa colaboración de Marisa Castro.
  • A didáctica da Bioloxía en relación coas actividades do tempo libre. Cuadernos de INICE 80: 505-511 (1999), coa colaboración de Patricia Comesaña.
  • Fragmenta Chorologica Occidentalia, Fungi 6410-6419. Anal. Jard. Bot. Madrid 56(1): 128-129 (1998), coa colaboración de Marisa Castro.
  • Historia da Macromicoloxía Galega. Actas 3ª Xuntanza de Xóvenes Investigadores. Comunicaciones, 158-159. Gandarío, 30/IV/-5/V/1998. Xunta de Galicia (1998), coa colaboración de Patricia Comesaña.
  • Revisión Nomenclatural de la Macromicología Gallega (1850-1970). 2ª Xuntanza de Xóvenes Investigadores. Comunicaciones, 140-143. Gandarío, 1-5/V/1997. Xunta de Galicia (1997).
  • Fragmenta Chorologica Occidentalia, Fungi, 6084-6113. Anal. Jard. Bot. Madrid 55(2): 442-444 (1997), coa colaboración de Marisa Castro e L. Freire.
  • Fragmenta Chorologica Occidentalia, Fungi 6128-6160. Anal. Jard. Bot. Madrid 55(2): 445-446 (1997), coa colaboración de Marisa Castro e L. Freire.