Suárez, Chelo

O mellor don con que fun bendicida ao nacer foi cunha sede infinita de libros. O gusto por respiralos e lelos, tan pronto aprendín a ler. Poeta e narradora, dedícome a crear universos que conxugan o realismo e a maxia. Asinei diversos textos cos pseudónimos de Puliana Marful e Amara Orzania. 

Primeiro premio da edición XIII do Ánxel Fole de Narración curta (2011), por Recandos, e Primeiro premio Adiala de narración curta (2011), por Monólogos dun cadáver.  Finalista do Premio Manuel Murguía de narracións breves en 2012, por Momentos de néboa e luz. En poesía, Corpo de mar (Espiral Maior, 2008), Segundo premio do Pedrón de Ouro en 2008.

Autora das seguintes obras de narrativa e poesía:

  • A neve e o lume. Colección Meiga Moira. 2013.
  • As horas rotas (Sotelo Blanco, 2010), gañadora do Premio de novela curta Lueiro Rey en 2010.
  • Premio de Narrativas Quentes en 2008.
  • Os milagres de Cristamar (Positivas, 2008).
  • A Venus de cristal (Edicións Xerais, 2008).
  • Flor de xiz (Primerapersona, 2003).