María Reimóndez (Lugo, 1975) é unha tradutora e intérprete, activista e autora galega de novelas, poesía e ensaio tanto para persoas adultas como para crianzas e adolescentes. A súa ollada feminista e crítica ten sido recoñecida con importantes galardóns como o Premio Xerais de novela, o Premio Johán Carbalheira de poesía, o Xohana Torres de ensaio ou o Frei Martín Sarmiento de literatura infantil en dúas ocasións.Ler mais