Torres Cubeiro, Manuel

Nace nas Palmas de Gran Canaria en 1966. De 1973 a 1980 estudia na Coruña no colexio dos Dominicos. De 1980 a 1984 estudia no Instituto de Elviña da Coruña e na Facultade de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela de 1984 a 1989.

Realiza cursos de doutorado no Departamento de Antropoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Inglaterra (Bradford e Londres) e Alemaña entre 1989 e 1991.

Western Washington University, Bellingham, no estado de Washington, na costa oeste dos Estados Unidos de América do Norte. Máster en Antropoloxía. Defensa dunha tese sobre o uso da Acupuntura e a Medicina Tradicional Chinesa na Costa Oeste dos Estados Unidos de América entre 1992 e 1995.

Profesor de Filosofía, na Ensinanza Secundaria Pública de Galicia en Boiro, Lalín e Porto do Son (ensinanza bilingüe inglés-galego das materias do Departamento de Filosofía no IES Porto do Son) entre 1995 e 2008.

Tese de doutoramento pendente sobre a Enfermidade Mental Grave en Galicia baixo a dirección de Juan-Luís Pintos (Facultade de Ciencias Políticas da USC) e cunha perspectiva luhmaniana. Comeza a interesarse polas doenzas mentais a raíz da enfermidade bipolar que sufría o seu pai, falecido hai xa algúns anos, facendo entrevistas a enfermos, familiares e traballadores da Saúde Mental en Galicia. Todo isto entre 1991 e 2008.