Turnes García, Javier

Nace en Portomouro en 1976. Licenciado en filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela -USC- (2000). É profesor de Filosofía de Ensino Secundario desde 2003, exercendo na actualidade a docencia no IES Fernando Blanco, Cee (A Coruña).

Actualmente realiza o seu proxecto de tese de doutoramento na Facultade de Filosofía da UNED, Madrid, cun traballo sobre música e filosofía.

Así mesmo, traballa na elaboración de materiais didácticos sobre música moderna para ensino secundario.

Membro do GCEIS (Grupo Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais), Facultade de Ciencias Sociais e Políticas da USC, desde 1998.

Coordinador do Grupo de Traballo de Filosofía no CEFORE da Coruña.

Socio cofundador da Sociedade Hispano-Chilena de Filosofía (SOFIHC), (Alacante, 2006).

Publicacións

  • Spinoza: modo finito e cidadanía, nas Actas da Semana de Filosofía de Pontevedra, Aula Castelao, 2004.
  • Baruch Spinoza. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2006.