Nace en Corcubión en 1951. Estudia Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía.

Na actualidade é profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.
Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais. Co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo. Promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega.

Colabora como crítico e comentarista de literatura infantil en numerosas publicacións, entre outras, na Revista Galega de Educación (da que forma parte do Consello de redacción), Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Foi Premio Camiño de Santiago 1993 de Teatro de monicreques pola obra A princesiña Socorro, o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez. A mesma obra foi nominada cun accésit no concurso Camiño de Santiago 1994 para Teatro Escolar.

Bibliografía

Infantil-Xuvenil

  • Fadita fosca!. Colección Mar de letras. Baía Edicións, 2013.
  • Xurxiño quere ser... Colección Mar de letras. Baía Edicións, 2010.
  • María é maior. Colección Xiz de Cor, Baía Edicións, 2007.
  • Contos de Reis e de Nadal. Xerais, 2007.
  • O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos, 1998.
  • A primeira máquina de fotos, 1998.
  • Anxos en tempos de chuvia. Colección "Fora de Xogo", Xerais, 1997.
  • A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, incluída no volume Sempre no Camiño, do 1º Concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago. Xunta de Galicia, 1995.
  • A cor do elefante. Colección Trolebús. Casals, 1994.
  • Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos. Colección "Narrativa", Xerais, 1993.
  • O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor, conto incluído no libro Os contos da campaña (3), editado pola Xunta de Galicia dentro da VIII Campaña de Fomento da Lectura. 1992.
  • Marabillas e milagres de Álvaro Cunqueiro. Xerais, 1991.
  • A malvada María Xosé. Colección "Merlín". Xerais, 1989.
  • As aventuras do Gato Bógar. Colección "Merlín". Xerais, 1989.
  • Proxecto pomba dourada. Vía Láctea, 1987.

Obras divulgativas

  • Estética e teatro, manual didáctico de teatro publicado na colección Biblioteca de Teatro de Editorial Galaxia, 2005.
  • Tradución ao galego da obra de R. Descartes O discurso do método. Xerais, 2000.
  • Mandar, obedecer, rebelarse. Xerais, 1996.
  • Iniciación á Estética. Xerais, 1993.
  • Política e Sociedade. Xerais, 1993.
  • Nietzsche. Xerais, 1990.