Vilalta López, Ramón

Nace o 21 de xullo de 1957 en Montevideo (Uruguay) e reside en Fonteculler, Culleredo (A Coruña). Doctor en Química pola Universidade de Santiago, cursos de especialización en Química terapéutica e Química Macromolecular na UNED.

Actualmente exerce de profesor de Física e Química no Ensino Secundario.

Ten participado no movemento ecoloxista, primeiro no colectivo Natureza e, posteriormente, en ADEGA, colaborando en diferentes números de Albadabranca, revista de ADEGA.

Socio fundador do Grupo Antares de Astronomía xunto con David Buján, Ana Otero, Antón Otero, Emilio Vallo e Enrique Pujales.

Publicacións

Libros

  • Dicionario de Física, en colaboración de Juan José Guillín Fraga, e Antonio Varela Caamaño. Baía Edicións, 2005.
  • Todo vai(III) ¡Funciona! (Prácticas sinxelas de física e química). Baía Edicións, 2002.
  • Astronomía práctica e outras cousas. Ed. Toxosoutos, 1999.
  • Á procura da enerxía. (Guía didáctica). AS-PG. 1998.
  • Física e Química. Libro de texto 1º de Bacharelato. (Coordinador, varios autores). Ed. A Nosa Terra. Promocións culturais galegas S.A. 1997.

Sobre investigación en química

  • Esteroides e endoperóxidos esteroidales en algas y cnidarios de las costas de Galicia. 1988. Tese doctoral. Universidade de Santiago.
  • E, en relación coa tese, foron publicados diferentes artigos de investigación sobre produtos naturais mariños en:
    • Acta Científica Compostelana.
    • Journal of. Natural Products.
    • Chemical Abstracts.
    • Seminario de Estudos Galegos.
    • Anales de Química da Real Sociedad Española de Química.

Sobre investigación docente

  • Diferentes artigos sobre ensinanza da Astronomía e da Física e Química na revista de ENCIGA.
  • Diferentes obradoiros sobre a ensinanza da Ciencia ou Astronomía e sobre prácticas de laboratorio en sucesivas xornadas da AS-PG.

Guións de vídeo

  • A mensaxe das estrelas. En colaboración. AS.PG. 1994.
  • A danza do planeta Terra. En colaboración. AS-PG. 1992.

Correo electrónico: Ramón Vilalta