Vilariño Sanmartín, Inácio

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Desde o 2006 é membro do Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa (IELT), onde integra o proxecto ''Grandepequeno'' coa exposición Grandepequeno: misérias, galinhas e cabeçudos..

Na actualidade é membro da compañía de marionetas Fantoches Baj, da que foi fundador no ano 2006.

Desde 2001 até a actualidade colabora en diversos espectáculos da compañía galega de teatro de rúa Os Quinquilláns.

No 2004 funda en Galiza a compañía Orfanato Albert Ansot de Gramont.

Desde 1993 até o 2005 funda xunto ao marionetista Anxo García a compañía de marionetas Seisdedos.

Desde 1990 até o 2006 integra a compañía galega de marionetas Viravolta, onde traballa como manipulador, escenógrafo e construtor en diversas montaxes.
Funda como membro da compañía Viravolta o Museo Galego da Marioneta no ano 2001.

Espectáculos

  • Director e actor-manipulador do espectáculo Rei, rei? da compañía Fantoches Baj. Actor e manipulador de figuras no espectáculo de rúa O Fondo do Mar da compañía Os Quinquilláns. Participa como actor e escenógrafo no espectáculo a Nau Catarineta da compañía de Setúbal Teatro do Elefante. 2007.
  • Director e actor-manipulador dos espectáculos Tio Miséria e A saia da Carolina da compañía Fantoches Baj. Participa como actor no espectáculo Um Planeta Diferente da compañía de Algés (Lisboa) Cinderela. 2006.
  • Actúa e realiza o deseño da escenografía, bonecos e cartaz do espectáculo A Diáspora de Os Quinquilláns. 2005.
  • Dirixe, xunto a Anxo García, a representación popular da Reconquista da cidade de Vigo, protagonizada polos veciños da Baixa da cidade. 2005.
  • Actor-manipulador no espectáculo Historia do Soldado de Viravolta. Presenta coa compañía de teatro Orfanato Albert Ansot de Gramont o espectáculo Acrobacia Acuática, baseado en textos da poetisa galega Chus Pato, onde realiza os labores de actor, dramaturgo, director e produtor. Substitúe a un dos actores no espectáculo de máscaras Moby Dyck de Os Quinquilláns. 2004.
  • Actor-manipulador no espectáculo Titiriteiros de Viravolta, e actor no espectáculo As Abellas de Os Quinquilláns. 2003.
  • Actor-manipulador no espectáculo Aparta pena que te fendo de Viravolta. 2002.
  • Actor-manipulador no espectáculo Varietés de Seisdedos. Realiza labores de deseñador e construtor de marionetas, escenarios e cartaz, así como de actor e manipulador, no espectáculo A Noite da compañía Os Quinquilláns. 2001.
  • Actor-manipulador nos espectáculos O auto dos Reis Magos, de Seisdedos, e ¡Hip-Hip Hurra!, de Viravolta. 2000.
  • Actor-manipulador nos espectáculos Mantas non son cobertores e O Sancristán de Coimbra de Seisdedos. 1999.
  • Funda en solitario a compañía de marionetas Títeres do Andacio, onde se ocupa da produción e representación do romance histórico O Conde Olinos. 1998.
  • Actor-manipulador no espectáculo Barriga Verde de Viravolta.1997.
  • Actor-manipulador nos espectáculos Guillerme Tell e O pirata McZanfona e outra xente piratona de Viravolta. 1996.
  • Actor-manipulador nos espectáculos A media Flor e Dueto de fío de Seisdedos. 1995.
  • Actor-manipulador no espectáculo O Candil Marabilloso de Viravolta.1993.
  • Actor-manipulador no espectáculo As Olivas de Viravolta. Realiza a performance Mazás na inauguración da Galería Acadia de Sanxenxo (Galiza). 1992.
  • Actor-manipulador no espectáculo A Torre do trebón de Viravolta. Traballa como técnico coa compañía O Retablo das Marabillas no entremés de Cervantes do mesmo título. Nesta compañía tamén realiza o labor de manipulador no espectáculo O menor espectáculo do mundo.1991.
  • Actor-manipulador no espectáculo Feira de Viravolta. 1990.
  • Traballa como escenógrafo e actor coa compañía Churuleta coa que representa os espectáculos de creación colectiva Rúa 33 e Viaxe coa Santa Compaña, e Picnic de Fernando Arrabal. 1989-1992.

Participación en ferias e festivais de teatro

Participa con diversas compañías en festivais e feiras como Escrita na Paisagem (Évora), Festival de Teatro Infantil Galego (varias edicións), Teatrames, Festival Internacional de Títeres de Vigo, Feria de Teatro de Tárrega, Festival Internacional de Títeres de Santiago (varias edicións), Festival Internacional de Artistas de Calle de Valladolid, Mostra de Teatro Cómico-Festivo de Cangas, Xornadas de Teatro de Carballo, Festival Internacional de Títeres de Alicante, Circuito Títeres en el Camino na Comunidad de Aragón, Mostra Internacional de Teatro (Ribadavia, varias edicións), Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós, Feira Galega de Teatro (varias edicións), Fira Internacional de Teatro de Titelles de Lleida etc. Ademáis disto, colabora en diversas campañas escolares, feiras do libro e circuitos culturais dentro de Galiza.

Exposicións

  • Grandepequeno: misérias, galinhas e cabeçudos. Sala de Exposicións de Ribadeo e Museo de Lalín. 2008.
  • Grandepequeno: misérias, galinhas e cabeçudos. Biblioteca-Museu República e Resistência, Lisboa. 2007.
  • Exposição 15 anos de Viravolta, realizada no Museo Municipal de Lalín nos meses de Marzo e Abril de 1998. O material desta exposición deu orixe, xunto a material de diversos países, ao Museo Galego da Marioneta, único museo destas características existente en Galiza, que é xestionado pola compañía Viravolta desde o ano 2001. Neste ano expón o material elaborado con Viravolta no Festival de Teatro de Ribadavia, na Casa da Cultura de Ourense, na Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós e no Domingos de Furabolos. Tamén participa con este material en varias convocatorias dos Encontros dos Titiriteiros Galegos. 1998.

Outras actividades

  • Como artista plástico foi selecionada a súa obra nos seguintes certames:
    • Exposición itinerante Dezasete Artistas. 1995.
    • Xuntanza de Piloño. 1994.
    • Mostra de Arte Xove, Ourense e Bienal de Lalín. 1993.
    • Sección Novos Valores da Bienal de Pontevedra. 1990-1991.
  • Exposicións
    • Exposición colectiva Fronte ao Museo con Álvaro Negro e Xan Vázquez. 1994.
    • A nivel individual expón a súa obra na galería Acadia de Sanxenxo. 1993.