Yáñez Casal, Antonio

Nace no barrio do Inferniño de Ferrol, no ano 1959. Boa parte das súas vivencias están tamén ligadas á vila de Cariño, de onde é a súa familia. Recibiu o Premio Meiga Moira 2006 co libro ''Lóbez''.

Foi dúas veces finalista do Premio Raíña Lupa, convocado pola Deputación Provincial da Coruña: na edición do ano 2000 con Don Cosme e o telegrama amarelo (publicado en 2004) e na edición do ano 2004 con Crisóstomo o alifáfaro (publicado en 2006). Así mesmo, en 2005 foi finalista do Premio Merlín, convocado por Edicións Xerais, con Natasha e Dimitri (publicado en 2006). Con Lóbez recibiu o Premio Meiga Moira na súa segunda edición.

Publicacións

  • Lóbez. Baía Edicións. 2006.
  • Natasha e Dimitri. Xerais. 2006.
  • Crisóstomo o alifáfaro. Galaxia. 2006.
  • Don Cosme e o telegrama amarelo. Casals. 2004.