Yáñez, Paco

Nado en Santiago de Compostela en 1974. Tras licenciarse en Pedagoxía na USC co Premio Extraordinario Fin de Carreira, comeza a súa actividade profesional como docente, dedicación que continúa na actualidade.

Formou parte de diversos equipos de investigación sobre estudos educativos, participando na organización de xornadas sobre pedagoxía, didáctica e innovación educativa. Neste eido ten publicado numerosos artigos en actas, libros e revistas especializadas de distintos países. Pola realización destas investigacións recibiu premios do Ministerio de Educación e do ICONA.

Asemade, desenvolve unha intensa actividade cultural e creativa en diversos terreos e na intersección das linguaxes artísticas. No eido da literatura, escribiu relatos breves e textos poéticos. Como fotógrafo, recibiu diversos premios, formando as súas obras parte de coleccións públicas e privadas en países como España, Francia. Alemaña ou Portugal. No eido musical, é crítico especializado en música contemporánea no diario internacional Mundoclasico.com.

Paco Yáñez é fundador e director artístico do ensemble s21 desde o ano 2007.

Publicacións