Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces). Co-edición con Agadic.
Para o xurado, Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlle a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame incide na proposta estética, cunha concepción plástica que reforza o universo tradicional de referencia sen deixar de poñer solucións relacionadas con tendencias escénicas máis actuais.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 32
ISBN: 9788499954271
Ilustradora: Sofía Venzel
Lobicán, un lobo pequeno rosmón e inocente, que gusta ler, cantar, tocar música e cociñar mais non estudar e ir á escola, recibe a encomenda de súa nai de levar á casa do avó no bosque unha rica torta de amora e coidarse dos humanos, que só pensan en matalos.
No seu camiño polo bosque ten que fuxir dos animais que gustan do cheiro da torta e coincide con Xiana, unha nena que vai á casa da súa tía cun bote de mel e coa que, logo de superaren cadanseus medos e reservas, inicia unha boa amizade.
Que sorpresas nos depararán xuntos os dous?
- Temas
- Premios Barriga Verde
Tamén che podería gustar