Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Balza, Isabel
Nace en Tolosa (Guipúscoa) en 1967. Licenciouse en Filosofía en 1990 na Universidade do País Vasco e en 1995 doutorouse en filosofía na mesma Universidade cunha tese sobre María Zambrano.
No curso 1995-1996 participou en París no proxecto de investigación "Vocabulaire Européen des Philosophies. Dictionnarire des Intraduisibles", no Centre National de la Recherche Scientifique (C.N.R.S.). Desde 1997 é profesora de Filosofía Moral e Política da Universidade de Xaén. É membro do Seminario Permanente de Investigación Multidisciplinar "Mujer, Ciencia y Sociedad" da Universidade de Xaén. Participou en diversos programas de doutoramento e de posgrao. Os seus temas de investigación van desde a teoría psicanalítica á teoría de xénero. Sobre o primeiro publicou, por exemplo, "Unha ética de lo imposible: cernir lo real", San Sebastián, 1999. Da súa investigación en teoría de xénero podemos destacar os seus artigos e intervencións en diversos congresos sobre violencia de xénero, sobre bioética e sexuación, e sobre ética sexual.
Publicacións
- María Zambrano. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2007.
- Aspectos Éticos de la Violencia de Género: Resistencia a la Crueldad, Xaén, 2007.
- Éticas Sexuales: El cuerpo abyecto de Monique Wittig, Sevilla, 2007.
- Patriarcado público y dominación, Xaén, 2002.
- Tiempo y escritura en María Zambrano, San Sebastián, 2001.
- Necesidades, demandas y deseos desde los objetivos del Trabajo Social, Granada, 2001.
- El estatuto de la escritura en la filosofía cartesiana, Barcelona, 1999.
- Diótima de Mantinea: un saber del exilio, San Sebastián, 1998.
- La categoría de tiempo en la Poética de Aristóteles, Barcelona, 1995.
- Otras éticas sexuales: Del cuerpo lesbiano al dildo translésbico.
- Bioética de los cuerpos sexuados: transgenerismo y transexualidad. Os seus temas de análises son as identidades transxenéricas e a ética sexual.