Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Brâs, Roi (José Rodríguez Rodríguez)

Bras, Roi (José Rodríguez Rodríguez)

Nace en Ourense en 1962. Ten recibido diversos premios literarios (o último Narrabreve, na Coruña). Entre as súas publicación figuran artigos en Prensa e dous libros de poemas, ''Tic-Tac''. ''Poesía para nenos'' (1987), alén de ter colaborado en diversas antoloxías de relato e poesía.

Realizou estudios de mestre en Educación Primaria e actualmente exerce como tal. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega desde principios dos anos noventa. Membro da Poetry Society inglesa desde 1992 e do Instituto de Estudios Valdeorreses desde principios dos anos noventa.

Colabora esporadicamente con artigos en xornais, participado en recitais poéticos, lectura de libros, e os seus poemas e contos figuran en diversas antoloxías, como figura na súa páxina web Roi Bras

Ten recibido diversos premios literarios (o último Narrabreve, na Coruña). Entre as súas publicacións figuran artigos en Prensa e dous libros de poemas, Tic-Tac. Poesía para nenos (1987), alén de ter colaborado en diversas antoloxías de relato e poesía.

Publicacións
 

  • 01/06/2005: Publícase o libro “18º encontro de poetas” que corresponde o Cuaderno Monográfico nº 50 do Instituto de Estudios Valdeorreses, antoloxía na que figuran dous poemas meus, A dor de cada día e A sombra da vida.
  • 01/06/2005: Publícase o libro “17º encontro de Poetas” que corresponde ó Cuaderno Monográfico nº 49 do Instituto de Estudios Valdeorreses, antoloxía na que figuran dous poemas meus, Dicir adeus no lapso dun encantamento e Ano de guerras, ano de perdas.
  • 2002: Publícase o libro "XV Encontro de Poetas Valdeorreses" (ed. Instituto de Estudios Valdeorreses, Cuaderno Monográfico 42), no que figuran os meus poemas El ritmo del tiempo e Nai cansa.
  • 23/04/2002: Publícase o libro de poemas Ámago Mágoa" (Baía Edicións, colección Baía Branca, nº 8), en colaboración co escritor X. Manuel Barbosa.
  • 01/11/2001: Publícase o libro "Relatos de verán 2001" (editorial Ir Indo), onde aparece o meu relato "Parte de Defuntos" seleccionado no seu día para a súa publicación.
  • 01/10/2001: Publícase o libro Cuentos y poemas desde Internet, onde aparece o meu relato en castelán El camino y el eucalipto.
  • 22/08/2001: O relato Parte de Defuntos foi seleccionado para a súa publicación este día no diario La Voz de Galicia na modalidade "Relatos de Verán", sendo o segundo relato máis votado desa semana polos lectores do xornal.
  • 2001: Publícase o libro XIII e XIV Encontro de Poetas Valdeorreses (ed. Instituto de Estudios Valdeorreses, Cuaderno Monográfico 37), no que figuran os meus poemas Oración, Dolor, Versos con ritmo de prosa e libertade e Instancia.
  • 16/05/2001: Ganador do primeiro concurso "NARRABREVE" organizado pola Agrupación dos Socialistas Coruñeses, co relato Bar Benigno.
  • 01/12/2000: Participación na publicación dun libro en castelán Bellido Dolfos. ¿Traidor o Héroe?, de ed. Marré. Nel recóllense tódolos poemas -entre eles un meu titulado Guardad, Bellido, mi nombre- e presentados a un concurso organizado por Internet adicado a defende-la figura de Bellido Dolfos (vid. http://www.federicoacosta.com ).
  • 1999: Publícase o libro XI e XII Encontro de Poetas Valdeorreses (ed. Instituto de Estudios Valdeorreses, Cuaderno Monográfico 27), no que figuran os meus poemas Un instante no reloxio, Versión 1.00 pra Windows 95 dun poema adicado ó ordeador e Galicia.
  • 1997: Publícase o libro IX e X Encontro de Poetas Valdeorreses (ed. Instituto de Estudios Valdeorreses, Cuaderno Monográfico 22), no que figuran os meus poemas Letanía polo home e Bébedo.
  • 1995: Publícase o libro VII e VIII Encontro de Poetas Valdeorreses (ed. Instituto de Estudios Valdeorreses, Cuaderno Monográfico 18), no que figuran os meus poemas Szertlek, señor e Sen título.
  • 1994: Publícase o libro VI Encontro de Poetas Valdeorreses (ed. Instituto de Estudios Valdeorreses, Cuaderno Monográfico 17), no que figuran os meus poemas Pasaxe de inverno e Camiño en soidade.
  • 1992: Publícase o libro IV e V Encontro de Poetas Valdeorreses (ed. Instituto de Estudios Valdeorreses, Cuaderno Monográfico 14), no que figuran os meus poemas Ab Ourense condito, Nada de máis, Por riba da ponte e Himno ós homes que por aquí pasaron.
  • 1991: Participación na publicación do libro Voz e Voto. Homenaxe a Celso Emilo Ferreiro no X aniversario do seu pasamento de ed. Patronato Curros Enríquez co relato Agar.
  • 1991: O meu nome real aparece na Tábula Gratulatoria do libro Lua de Além-Mar de Ernesto Guerra da Cal, ed. AGAL, edición da cal eu posúo o número 40 dos cen primeiros.
  • 1990: Publicación na revista "AGALIA" (nº 22-verao 1990), dos contos Agar ou a ilusom e Aglaia ou a timidez englobados no título xenérico de Dous pedaços de mulher. Tiveron que ser publicados noutra normativa, debido ó carácter reintegracionista da revista.
  • 1987: Publícase o libro I Campaña Experimental de Fomento da Lectura. Memoria (ed. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Benestar Social). No Anexo aparecen recollidos os libros pra nenos existentes, entre eles o meu Tic-Tac, Tic-Tac.
  • 1986: Publicación na revista "FOLLAS SECAS" (nº 7, marzal-abril 1986) do conto Abel, baixo pseudónimo X. Roi Brâs.
  • 05/04/1986: Publicación do conto Amok no xornal FARO DE VIGO, edición de Ourense, baixo pseudónimo X.Roi Brâs.
  • 1985: Publicación do libro de poemas Cando era tempo de inverno (edición de autor, ed.Gráficas Orensanas, Ourense, ilustrado por Ricardo Feijoo Seoane), baixo pseudónimo X. Roi Brâs.
  • 1984: Publicación co meu nome -Xosé Rodríguez- do libro de poemas pra nenos Tic-Tac, Tic-Tac (ed. La Región, Ourense, debuxos de Laura López Blanco)
  • 17/05/1983: Gañador do "II Concurso de Poesías, Contos e Teatro para Nenos" organizado pola Escola de Maxisterio de Ourense coa obra Escolma Neneira.

Realizou tamén artigos, ensaios, actos culturais e cursiños e outras actividades de perfeccionamento relacionadas coa literatura.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.