Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Campo, Marica
Nace no Val do Mao, Incio, Lugo. Desde hai moitos anos, compaxina o seu traballo profesional como mestra cun dilatado labor literario e cultural que abrangue campos ben variados.
Autora de poemas e de letras para grupos musicais galegos desde o albor da Nova Música Galega; dramaturga (O Premexentes non pode cos paxaros rebezos –Mención de Honor do Premio de Teatro “O Facho”-, O Cazador de Estrelas...); autora do libreto A Casa, musical operístico; colaboradora en múltiples iniciativas docentes e socioculturais dirixidas á dignificación da literatura do país. A publicación en 1992 de Tras as portas do rostro, o seu primeiro poemario editado, supuxo unha auténtica revelación: coñecíamos os lectores a voz intensa e orixinalísima dunha poeta que demorara moitos anos en darnos a coñecer unha entrega á poesía moito tempo servida e arrequecida. De lonxe ven tamén a súa adicación á narrativa, longamente premiada, que agora temos ocasión de gozar como un precioso galano nesta súa primeira colección de relatos, que nos levan desde María Balteira a mulleres dos nosos días.
Publicacións
Poesía
- Sextinario: trinta e seis + tres. Sotelo Blanco, 2007.
- Pedinche luz prestada. Espiral Maior, 2001.
- Tras as portas do rostro. Baía Edicións, 1992.
Narrativa
- Entre donas. AA.VV. Baía Narrativa. 2020
- Onde houbo lume. Biblos Clube de lectura, 2010.
- Confusión e morte de María Balteira. Baía Edicións, 2010.
- Memoria para Xoana . Espiral Maior, 2002.
Teatro
- O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano (Cadernos da Escola Dramática Galega, 1984). Peza teatral que é a alegoría dunha ditadura.
- Confusión de María Balteira. Texto teatral baseado en dous dos relatos de Confusión e morte de María Balteira.
- O Divino Sainete (2008). Adaptación teatral da obra homónima de Manuel Curros Enríquez.
Literatura infantil-xuvenil
- E Xoel aprendeu a voar. Oqueleo, 2017.
- Noutra dimensión. Galaxia, 2011.
- E Xoel aprendeu a voa (Obradoiro, narrativa, 2009).
- Abracadabras (2006, Edicións do Castro., poesía).
- Crispín do Mao, Crispín do mar ; ¡Adeus, pés! ; O enigma do menhir ; Catro pallasos (Xunta de Galicia, narrativa, 2003).
Traducións
- As dúas casas de Alicia de Cristelle Vallat (Baía Edicións, 2013).
- A Terra acatarrouse de Roxane Marie Galliez (Baía Edicións, 2013).