
(A Coruña, 1965). Autor de varios libros de poemas e colaborador en varios medios escritos do país, a súa obra aparece recollida en diversas escolmas (dEfecto 2000, A tribo das baleas, etc.). É profesor no IES de Castro Ribeiras de Lea.
Naceu no barrio de Monte Alto, A Coruña, en 1965. Vive no Corgo (Lugo) e exerce como profesor de Lingua e Literatura na localidade chairega de Castro Ribeiras de Lea. Desde os 80/90 ten colaborado en revistas de creación e ensaio (
Dorna,
A Trabe de Ouro...) e durante os anos últimos tamén na prensa (periódico dixital
Vieiros, suplemento
RdL do xornal Galicia Hoxe). Formou parte do colectivo Ronseltz e, actualmente, das Redes Escarlata.
Publicacións
- A vella peneira a noite. Baía Branca, Baía Edicións, 2001.
- Afásia. Baía Branca, Baía Edicións, 1997.
- Fruto do teixo (Ed. do Catro, 1994 –premio Eusebio L. Baleirón).
- Arianrod. Baía Branca, Baía Edicións, 1993.
- Na recopilación Concurso Nacional de Poesía “O Facho” (1978-7989). Ed. do Castro, 1990.
- Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (en Ronseltz).
- Xuro que non volverei pasar fame (das Redes Escarlata).