Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Castiñeira Romar, Francisco M.

Naceu en Delémont (Suíza) en 1977, fillo de emigrantes de Laxe. Pasou case toda a súa vida na Coruña, aínda que tamén residiu en Oviedo e en Compostela. Actualmente, traballa de Técnico de laboratorio en Oviedo, aínda que proximamente residirá en Passau (Baviera, Alemaña).

Acadou varios premios dos seus relatos, salientando o II Certame "Ágora Conto" (2001), o III Certame Suárez Ferrín (2002), o Certame "Radio France International-Cide Hamete Benengeli" (2003), o II Certame Lucus Augusti (2004) e máis recentemente o 2º premio no Certame Na Vangarda 2004 de Novos Creadores da Xunta.

Seica chove, a súa primeira incursión na narrativa, inclúe dezasete relatos breves –xénero do que o autor se manifesta militante incondicional-, a maior parte deles premiados en diferentes Certames literarios celebrados por toda a xeografía do país.

Á parte, teño un blog Francisco Castiñeira no internet, á que estades convidados.

Publicacións

  • Seica chove, Baía Narrativa, Baía Edicións, 2002.
  • Coitelas, eDixital, 2004.
  • O cuspe dos poliquetos, eDixital, 2004.

Correo electrónico

Francisco Castiñeira

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.