Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Correa Corredoira, Xabier

Pintor, gravador e escultor, aínda que a súa primeira vocación foi a literatura. En 1975,o Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos concedeulle unha bolsa, participando nun curso de cerámica.

Nace na Coruña en 1952. É pintor, gravador e escultor, aínda que a súa primeira vocación foi a literatura. Abandona os estudos de arquitectura e, en 1975, decide dedicarse á pintura. Ese mesmo ano o Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos concedeulle unha bolsa, participando nun curso de cerámica.

É un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual Galga, movemento de vangarda anterior a Atlántica 80, co que tamén participa en todas as súas mostras, dándose a coñecer no panorama ibérico.

En 1979, cunha bosa concedida polo Ministerio de Cultura, viaxa a México para iniciarse na augaforte, onde queda impresionado pola mitoloxía das culturas precortesianas, que incorporará á súa fonte temática. En 1985, funda Gruporzán, no que edita obra gráfica.

Desde o ano 90 a súa pintura evoluciona da figura humana cara á paisaxe. A Rosa dos ventos é a súa obra pública máis significativa, praciña de mosaico, situada ao pé da Torre de Hércules. En 1998 inicia unha serie de mariñas afastándose do naturalismo ao que nos tiña acostumados.

Actualmente desenvolve o seu labor en Vilar de Locrendes (A Coruña) e Naveros (Cádiz).

Publicacións

  • Cantar de corpos. Baía Edicións, 2018.
  • Resina de poliéster. Baía Edicións, 2013. É un libro de entrega á causa da vida, de dádiva á dignidade da especie humana e das outras especies.
  • Rubaiyat. Baía Edicións, 2010. Actualiza en versión libre a obra de Omar Khayyam.
  • Os días adiados. Espiral Maior, 2009.
  • Pintor por Italia. Baía Edicións, 2007. Diario dunha intensa viaxe literaria, artística e, sobre todo, vital pola arte e a paisaxe italianas.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.