Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Dono González, Mª Xesús

Dono González, Mª Xesús

Nace o 26 de novembro de 1955 na Coruña onde reside. É licenciada en filosofía e letras, sección filoloxía e subseccións de galego, español e iltaliano. Tamén se licenciou en filosofía e ciencias da educación na especialidade de psicoloxía.

Bolseira no Instituto da lingua galega durante os cursos 1977/8 e 78/9. Tese de licenciatura sobre o tema O posesivo na prosa galega medieval.

Profesora de lingua española con destino desde hai 16 anos no I.E.S. Salvador de Madariaga da Coruña.

Colaboradora na obra colectiva de Baía Edicións Literatura Universal contemporánea.

Ten un especial interés no coñecemento de linguas e culturas a través da lectura, as viaxes e a fotografía.

Publicacións

  • O movemento romántico, en colaboración de Eduardo Álvarez, Aurora Bermúdez, Carlos Gómez, Juana López, Antonio Pichel, Dorinda Rivera, Elisa Santamarina e Pilar Vázquez. Baía Edicións, 2003.
  • O realismo, xunto con Eduardo Álvarez, Aurora Bermúdez, Carlos Gómez, Antonio Pichel, Dorinda Rivera, Elisa Santamarina e Pilar Vázquez. Baía Edicións, 2003.

Correo electrónico: María Xesús Dono

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.