Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Domínguez Touriño, Guillermina
Licenciada en Xeografía e Historia, sección de Historia (Medieval), pola Facultade de Xeografía e Historia da USC en xuño de 1977. Actualmente é profesora no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Comprometida co movemento feminista participa en mesas redondas, programas de radio e televisión defendendo a plena igualdade e os dereitos das mulleres.
Recibiu o Premio do Ministerio de Educación no ano 1996 polas publicacións Materiais para unha Historia non androcéntrica e As mulleres e o traballo.
Colaborou na Revista de Estudios Provinciais, editada pola Deputación de Pontevedra, cos artigos “As mulleres creadoras” e “Vida familiar no século XIX: tratamento iconográfico”.
Participou como relatora no Congreso Nacional XXV AÑOS DE ESTUDIOS DE GÉNERO na Universitat Jaume I coa comunicación “Mujeres Sabias entre la teoría y la práctica”.
Publicacións
- Tres mulleres galegas de armas tomar. Retallos da nosa historia, Baía Ensaio. Baía Edicións, 2009.
- As Mulleres na Historia.
- As Mulleres como obxecto e suxeito da Arte.
- Materiais para unha Historia non androcéntrica.
- As mulleres e o traballo.
- Textos para a Historia das Mulleres en Galicia.
- Tempos de Mulleres. Coñecémonos: As Nosas Letras.