Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Dans Mayor, Raúl
Inicia a súa andaina como guionista de programas de ficción nas emisoras de RNE e RCE. Intégrase na Compañía Luís Seoane. Viaxa a Barcelona onde se forma como autor teatral e guionista de cine.
Nace o 30 de maio de 1964 na Coruña. É actor de dobraxe e escritor, dramaturgo, guionista de cine e televisión, locutor de publicidade para radio e televisión.
PREMIOS
- XXXVII Premi Born de Teatro (Ciutadella de Menorca, 2012): Una corriente salvaje.
- Premio Barriga Verde de Teatro de Monicreques (modalidade infantil) (2012): Un mosquito de nome Henri.
- Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (2012): Chegamos despois a unha terra gris.
- Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro(2010): Chegamos despois a unha terra gris.
- Finalista Premios Asociación de Escritores en Lingua Galega (2009): Nachtmahr.
- Finalista I Premio de Teatro Radiofónico “Diario Cultural” (2007): O elixido.
- Premio Mestre Mateo de Guión (2005): As leis de Celavella.
- Premio Mestre Mateo de Guión (2003): Terra de Miranda.
- Finalista Premio Rafael Dieste para textos teatrais (1998): Estrema.
- XXII Premi Born de Teatro. (Ciutadella de Menorca, 1997): Derrota.
- Accésit Certamen Literario Ciudad de Hellín, modalidade de Teatro Breve (1997): El paso.
- Premios Obradoiro na Rúa para guións de curtametraxe (1997). Premiados tres guións: Ondada, Exterior día e O proceso.
- Finalista do Premio de Teatro Ciudad de San Sebastián (1995): Cita con el diablo.
- Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro (1994): Lugar.
- Premio de teatro Rafael Dieste (1993): Matalobos.
- Premio de Teatro do Certame Literario da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1990): Water look.
OBRA PUBLICADA
TEATRO:
Chegamos despois a unha terra gris, Edicións Xerais/Agadic (Vigo, 2011).
Nachtmahr, Edicións Xerais/Agadic (Vigo, 2008).
Nun mundo hostil. Teatro breve reunido (1997-2007), Espiral Maior (A Coruña, 2008). Edición que recolle un total de 16 pezas breves, publicadas anteriormente en diferentes revistas e libros colectivos.
Reparación, Autoridade Portuaria de A Coruña (2008).
Un conto de Nadal, versión teatral definitiva de O Elixido. Revista Casahamlet (2008).
O Elixido, Edicións Xerais (Vigo, 2007).
A chamada, Editora 7Letras, con tradución ao portugués de José Rubens Siqueira (Río de Janeiro, 2001), e Baía Edicións (A Coruña, 2002).
Mantis, a misión, Cadernos de Teatro (A Coruña, 2002).
Foreber, Revista Galega de Teatro, nº 22 (Vigo, 2000).
Estrema, Edicións Xerais (Vigo, 1999).
Derrota, Revista Escena (Barcelona, setembro de 1997) e Edicións Xerais (Vigo, 1999).
Cita co diaño, Tristram Editores (Lugo, 1999).
Lugar, Edicións Xerais (Vigo, 1995), Textos do Centro Dramático Galego, IGAEM (Santiago de Compostela, 1999), Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia (A Coruña, 2002) e Caos Ediciones Digitales (Madrid, 2005).
Matalobos, Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. Universidade da Coruña. (A Coruña, 2010); Colección de Textos Teatrais da Deputación da Coruña (A Coruña, 1993).
Water look, Revista Ólisbos (Santiago de Compostela, 1990).
ENSAIO:
Confesións dun practicante. As aventuras dun dramaturgo en Galicia, Tristram Editores (Lugo, 2004). Volume no que se reúnen –anotados a pé de páxina– ensaios e conferencias publicadas anteriormente en diversos libros colectivos e revistas especializadas.
NARRATIVA:
Réquiem por Xurxo Montes, Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (Barcelona, 2005).
Se cadra Emma, La Voz de Galicia (11-VIII-2003).
Esa palabra, Grándola Nova Edicións (Santiago de Compostela, 1998).
OBRA TEATRAL ESTREADA
Derrota. Argos Teatro, dirección de Edith Obregón. La Habana, 2011.
Punto Franco. Compañía de Walter Manfré, dirección de Walter Manfré. Madrid, 2001.
Foreber. Trasno Novo Teatro. Cangas, 2000.
Estrema. Compañía Furafollas, dirección de Anxo Baranga. Teatro del Raval. Barcelona, 2000.
Lugar. Centro Dramático Galego, dirección de Antonio Simón. Teatro Colón. A Coruña, 1999.
Matalobos. Grupo de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, dirección de Roberto Salgueiro. Teatro Colón. A Coruña, 1994.
GUIONISTA DE FICCIÓN PARA A TELEVISIÓN
Padre Casares (Voz Audiovisual, 2010). Argumentos sétima temporada. En colaboración con Daniel Domínguez.
A vida por diante (Voz Audiovisual, 2005). Desenvolvemento dunha idea orixinal de Ramón Campos, biblia e argumentos dos episodios 1 ao 13. En colaboración con Daniel Domínguez.
A miña sogra e mais eu (Voz Audiovisual, 2004). Idea orixinal, biblia, argumentos dos episodios 1 ao 26, e edición de guión. En colaboración con Daniel Domínguez.
Terra de Miranda(Voz Audiovisual, 2003-05). Argumentos dos episodios 27 ao 125 –en colaboración con Daniel Domínguez– e diálogos.
As leis de Celavella(Voz Audiovisual, 2005). Argumentos. En colaboración con Daniel Domínguez.
Mareas Vivas (Voz Audiovisual, 2003). Diálogos.
Pratos Combinados (O Correo Galego, 1998-2003). Diálogos.
Avenida de América (TVG, 2002). Diálogos.
Nove nunha nave (Proxecto para Vici Producións, 1997). Idea orixinal, biblia e argumentos. En colaboración con Miguel Castelo e Xose Xoán Cabanas Cao.
Fóra de onda (Vici Producións, 1996). Desenvolvemento dunha idea de Alber Ponte, biblia, argumentos –en colaboración con A. Ponte e Pepe Coira– e diálogos. Serie interrompida en fase de produción.
Vale-Vale (TVE en Galicia, 1988). Idea orixinal, argumentos e diálogos.
GUIONISTA DE CINE
O Elixido, guión de curtametraxe de ficción en colaboración con Chema Gagino (A Coruña, 2009).
Ás portas do paraíso, guión de longametraxe de ficción. Escritura subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela, 2007).
Fragmentos, guión de longametraxe de ficción a partir dunha idea orixinal de Miguel Castelo e Raúl Dans. Escritura subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela, 2000).
A Grande Viaxe, guión de curtametraxe baseado no relato “O Suso” de Xosé Luís Méndez Ferrín (en O crepúsculo e as formigas). Caos Producións Audiovisuais, 1996.
Ondada, guión de curtametraxe. Escola Imaxe e Son, 1997.
Exterior-día, guión de curtametraxe. Escola Imaxe e Son, 1997.
O Proceso, guión de curtametraxe. Escola Imaxe e Son, 1997.
FORMACIÓN
- "Seminario de Dramaturgia textual”, impartido por José Sanchis Sinisterra. Sala Beckett. Barcelona, 1990/91.
- “Seminario de Estructura Argumental del Guión Cinematográfico”. Robert Mckee. Barcelona, 1991.
- “Seminari Cine-Vist”, ciclo de conferencias sobre o proceso de produción e realización do cine e televisión. Rosa Romero, Pere Portabella, Josep Rosell. Barcelona, 1991.
- “El guión cinematográfico”. Curso impartido por Simon Feldman. Barcelona, 1991.
- “El guión del audiovisual”. Curso impartido por Juan Antonio Porto. CGAI, A Coruña, 1991.
- “De la literatura al cine. El guión adaptado”. Juan Antonio Porto. CGAI. A Coruña, 1993.
- “El cine como experiencia de la realidad”. Curso impartido por Víctor Erice. CGAI. A Coruña, 1994.
- “Seminario de escritura de guiones en equipo”. Ciclo de conferencias e sesións prácticas baixo a dirección de Guy Méredith. Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e CGAI. Pazo de Mariñán, A Coruña, 1996/1997.
- "La dramaturgia cinematográfica”. Curso de guión, por Jean-Claude Carrière. Santiago de Compostela, 1998.
FOTOGRAFÍA: GASPAR SOMOZA