Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Fortes Torres, Manuel A.

Fortes Torres, Manuel A.

Nace o 25 de decembro de 1957 en Vilagarcía de Arousa. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, sección de Psicoloxía (1979) e Filosofía (1981) pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Filosofía (2005) pola mesma Universidade, cunha tese titulada Lectura filosófica marxista de Maquiavelo. Dedícase á ensinanza.

Publicacións

  • Maquiavelo. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2006.
  • En colaboración con Fernando Valmaseda Pantoja o capítulo sobre Platón da Historia da Filosofía publicada por Baía Edicións (1996, vol. 1).

Reseñas

  • Individuo, liberdade e comunidade. Liberalismo e republicanismo: dous modos de entender a cidadanía, de Jorge Álvarez Yágüez, Ludus editorial (en Grial nº 152. Outubro, Novembro, Decembro 2001).
  • La sonrisa de Maquiavelo, de Maurizio Viroli, ed. Tusquets (en Grial nº 156. Outubro, Novembro, Decembro 2002).
  • Un ímpeto do tempo. Unha fixación deleitosa, de Ángel Núñez Sobrino, edición propia (en A Nosa Terra, nº 1.082. Do 15 ao 21 de maio de 2003).
  • Culturas, civilizacións e sociedade global, de Carlos Fernández (ed.), editorial Galaxia (en Grial, nº 168. Outubro, Novembro, Decembro 2005).

Correo electrónico: Manuel Fortes

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.