Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Fernández Herrero, Beatriz

Fernández Herrero, Beatriz

Natural de Vigo, é profesora da Área de Filosofía Moral na Universidade de Santiago de Compostela, exercendo a súa docencia na Facultade de Humanidades e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo.

Licenciada en Filosofía e en Pedagoxía, e doutora en Filosofía, cunha tese doutoral que supón o inicio da liña de investigación sobre o tema americano. Realizada baixo a dirección de José Luis Abellán co título La utopía de América. Teoría, Leyes, Experimentos, foi publicada pola editorial Anthropos.

Traballa en cuestións de educación moral e educación para a paz, fundamentalmente no ámbito da educación intercultural, editando recentemente a Guía didáctica para 2º e 3º ciclos de Educación Primaria titulada Os dereitos humanos. Baía Edicións, 2007.

Publicacións

  • Os dereitos humanos. Guía didáctica para 2º e 3º ciclos de Educación Primaria. Baía Edicións, 2007.
  • Bernardino de Sahagún. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2007.
  • Problemas ético-filosóficos de la modernidad. La constitución del sujeto moral.
  • El problema moral de las legislaciones americanas: la naturaleza del indio.
  • La justicia en el pensamiento español del siglo XV. La búsqueda de la justicia en la conquista de América.
  • El mito del buen salvaje y su repercusión en el gobierno de las Indias.
  • La utopía humanista de Vasco de Quiroga en la Nueva España.
  • El "otro" descubrimiento: la imagen del español en el indio americano.
  • El indigenismo de José de Acosta etc.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.