Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Fernández Caínzos, Xosé Carlos

Fernández Caínzos, Xosé Carlos

Nace en Ferrol en 1958, cando aínda os nenos podían xogar a piratas sen ser informáticos ou ollar o Trazan de Johnny Weissmuller no antigo cinema Madrid-París por ben poucos cartos.

Cando rematou o Bacharelato foi para a cidade Compostela, onde se licenciou en Xeografía e Historia, traballando na actualidade como profesor de ensino secundario. Apaixonado practicante da espeleoloxía, publicou varios artigos sobre esta disciplina.

Foi director da Catalogación castrexa da bisbarra de Ferrol (Ateneo ferrolán, 1987).

Cheo sempre de inquietudes, a idea de escribir unha obra de narrativa roldáballe desde había algún tempo, idea que fructifica agora nesta súa primeira novela Os espidos pés do destino (Baía Edicións, 2000).

Publicacións

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.