Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Guisande, Manuel

Guisande, Manuel

Nace en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1958. Estudou Dereito en Santiago e foi redactor de El Correo Gallego, no semanario El Orzán e en El Ideal Gallego. Desde 1986 é redactor en La Voz de Galicia. Xunto co periodista Ramón Barrena gaña un certame de teatro coa obra Los Aparcacientos de Pacópolis, que se representó no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Realiza chistes en La Voz de Galicia xunto coa deseñadora gráfica Consuelo Loureiro, para a revista Estilo Galicia e para o mensual Betanzos y su Comarca e para o mensual La Voz de Ortigueira. Colabora no programa de Radio Voz, Corre Carmela que Chove, dirixido por Siro López e no CANAL 60 TV da Coruña.
 
No 2000 é coordinador do suplemento de Humor Xatentendo.com, de La Voz de Galicia. Xunto co humorista gráfico Juárez realiza viñetas en Xatentendo.com.
 
En 2001 é galardoado coa Codorniz de Plata da Academia do Humor, formada por veteranos humoristas de La Codorniz, polo traballo desenvolvido no Xatentendo.com.
 
Mención especial nos Premios de Comunicación Xunta de Galicia, por Xatentendo.com.
 
Participa co ilustrador Juárez na Asociación Amigos do Museo de Fene na exposición Humor Galego de Fin de Século e noutra sobre a Muller Traballadora. Premio A Curuxa do Museo de Fene por Xatentendo.com. Colabora co ilustrador Xosé Tomás facendo chistes para Xatentendo.com.
 
 
En 2010, xunto co director Alfredo Pardo, Chantada Films guionista do curtometraxe Garabolis. Guionista para o programa de Voz TV Corre Carmela que Chove, que dirixe o caricaturista Siro López
 
Co Blog Al Fondo a la derecha queda no posto 22 do Premio Bitácoras.com, no apartado de Humor. No certame participaron case 13.000 bitácoras.
 
En 2011, o curtometraxe Garabolis é nominado para o Mestre Mateo do audiovisual galego. Xunto con Xosé Tomás, gana o premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores ao mellor libro ilustrado de 2011.
 
Colabora na Compañía de Teatro Soledad Felloza, na obra Qué 20 años no es nada, cun monólogo dun dos actores.
 
Publicacións
 
Xunto co ilustrador Xosé Tomás publica, coa editorial Baía Edicións, 5 títulos da colección Rodribico.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.