Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración González Outes, Manuel Jacobo
Naceu en Caldebarcos (Carnota) o 27 de febreiro de 1969, onde viviu coa súa avoa e as súas tías até os cinco anos, cando os seus pais, que volveran da emigración en Inglaterra, marchan a vivir á cidade da Coruña, onde reside desde entón.
Formouse sobre todo en actividades dirixidas a profesións técnicas, aínda que non deixou nunca de fomentar os seus coñecementos sobre todo o relacionado coa Historia, Literatura ou coa Arte en xeral, do que se considera un autodidacta.
No ano 2000 tivo un grave accidente que lle impediu volver traballar na súa profesión, dedicándose na actualidade por completo a súa vocación de escritor. Na Coruña é coñecido nesta faceta pola súa colaboración en distintos periódicos con artigos de diversos temas profesionais e algúns relatos literarios. Posúe a rebeldía propia que caracteriza a súa condición perfeccionista, sensible e revolucionaria, procurando incluír nas súas obras estilos que leven ao lector e lectora a atopar amenidade, cultura, humor e romanticismo.
Aínda que prolífico autor de diversas obras de distintos xéneros literarios, Diario dunha noiteboa (2009) é a súa primeira obra publicada.