Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración González Fernández, Anxo

González Fernández, Anxo

Nace no concello de Xunqueira de Espadañedo (Ourense). É doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Catedrático de Filosofía de Institutos en excedencia, é hoxe Catedrático de Filosofía de Escolas Universitarias, desempeñando docencia na Facultade de Ciencias da Educación e na de Filoloxía da Universidade de Santiago.

O seu labor investigador tense centrado nos últimos anos no campo das relacións entre Filosofía e Literatura.

Publicación

  • Castelao. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2002.
  • Fundamentos antropolóxicos da obra de Castelao, 1999.
  • Hamlet e a realidade cunqueirana, 1995.
  • O Quixote na obra de Cunqueiro.
  • Pensamento e Literatura en Otero Pedrayo.

Libros colectivos

  • A Educación en Perspectiva, 2000.
  • Pensar la vida cotidiana, 1999.
  • Horizontes de la Hermenéutica, 1998.
  • La Filosofía y sus márgenes, 1997.

Artigos

  • Os platonismos no Quixote.
  • Configuración estoicista do discurso dramático en Calderón.
  • O idealismo icónico de Álvaro Cunqueiro.
  • El tema de la caverna platónica en la literatura del Barroco.
  • Álvaro Cunqueiro e a Filosofía da Literatura.
  • O camiño e a condición andante (De Cervantes a Álvaro Cunqueiro).
  • Lírica y metafísica: la débil frontera.
  • Sobre a condición oréstica en Don Hamlet.
  • Antropoloxía da saudade en Castelao.
  • Ideas para sentar a Deus nun sillón azul, sobre a novela de Carlos Casares.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.