Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Ginzo Fernández, Arsenio
Nace na Pontenova en 1941. Licenciado en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e doutor en Filosofía pola Universidade Complutense. Ampliou estudos como bolseiro nas Universidades de Múnic e de Bonn.
Foi catedrático de Filosofía de Ensino Medio no Instituto Gómez-Moreno de Madrid (1976-86) ao tempo que proseguía coa súa actividade investigadora, en conexión coa Universidade Complutense e o Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas. Desde 1986 é profesor de Historia do Pensamento moderno e de Historia do Pensamento político na Universidade de Alcalá.
Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade en distintas Revistas nacionais e estranxeiras, centrándose especialmente na Ilustración, o Romanticismo, o Idealismo alemán, a Esquerda hegeliana, Nietzsche e Heidegger. É tradutor de Hegel e Schleiermacher. Colaborou como coautor en varias obras colectivas.
Publicacións
- Condorcet. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2006.
- El legado clásico. En torno al pensamiento moderno y la Antigüedad clásica, 2002.
- Protestantismo y Filosofía. La recepción de la Reforma en la filosofía alemana, 2000.
- Feuerbach (1804-1872), 1995.
- La Ilustración francesa. Entre Voltaire y Rousseau, 1985.
Traducións acompañadas de amplos estudos introdutorios
- G. W. F. Hegel, Escritos pedagógicos, 1991.
- F. D.E. Schleiermacher, Sobre la religión, 1990.
- G. W. F. Hegel, El concepto de religión, 1982.