Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Kühn-Bode, Heidi

Kühn-Bode, Heidi

Nace o 3 de xullo de 1945 en Baviera, Alemaña. Filóloga, escritora, profesora e tradutora (preferentemente de lírica galega). Escribe en galego, alemán, castelán e inglés.

Filla e neta de refuxiados de Pomerania e Besarabia (actualmente Moldavia), a colonia alemana de Romanía. Casada, tres fillas e tres netos chamados Albertiño ou Albertinchen en alemán, de dez anos, Juanchiño ou Hänschen, de oito anos e Emiliño ou Emilinchen, de seis meses. Residente na cidade da Coruña desde hai anos e integrada activamente na cultura e na literatura galegas.

Ten realizado guións radiofónicos e televisivos para Radiocadena Española, Radiotelevisión de Bavaria, Radio Galega e Antena 3.

Entre o 2005 e o 2006, escribió Pommern Meine Liebe, a versión alemana da novela Pomerania meu amor, así coma Pomerania mi amor, a versión en castelán.

Gusta moito de correr, pintar cadros de 130x160, vivir no bosque, nadar nas augas frías dos mares, ríos e lagos, falar con Marica Campo e tamén con Beiras, tocar a frauta, o violín e xogar coas criaturas pequenas; os bebés nacen sabendo a língua alemá; outro misterio.

Publicacións

  • Tres mulleres do seu tempo. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2009.
  • Falou un queixo. Editorial Galaxia. 2009. Próxima publicación.
  • Casahamlet. As bágoas de Luise Thermann. 2007.
  • E dixo fresquiño, o libro riquiño. Colaboración. Un conto rimado. 2006.
  • Pomerania meu amor. Novela. Espiral Maior. A Coruña, 2005.
  • Os mundiños. Ed. do Castro. A Coruña, 2003.
  • Teatro para contistas. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2002.
  • Revisa e actualiza as traducións ao alemán de poesías de Miguelanxo Fernán Vello, Luz Pozo Garza, Marica Campo, Yolanda Castaño, Xullo Valcárcel, Estíbaliz, María Xosé Queizán, Manuel María, María do Cebreiro, Manolo Rivas, Fran Alonso e outros poetas.
  • Autora da tradución ao alemán da obra Xente de aquí e de acolá de Álvaro Cunqueiro, así como de diversos textos e autores da lírica galega contemporánea.
  • Revisión e Lectorado de dúas novelas en galego e alemán, escritas no ano 2004.
  • Revisión e Escritura en alemán dunha obra de teatro en castelán chamada Los apasionados amores de Yorinde e Yoringuel, mais dunha obra de teatro en alemán chamada Der Krieg der Äpfel, cuxa versión en castelán leva o título: La guerra de las manzanas.
  • Revisión e lectorado, para a súa publicación, do libro ilustrado por J. de Geus, The garbage and me (O lixo mais eu), escrito a bordo do barco SIRIUS de Greenpeace. 1996.
  • Fideliño o carteiro. Novela xuvenil. Ed. Bruño. Madrid, 1991.

Premios

  • Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas, pola obra Os mundiños, 2003.
  • Premio Amicus Poloniae da revista Polem, Varsovia, 1978.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.