Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Jaureguizar, Santiago

Jaureguizar, Santiago

Nace en Bilbao (Biscaia) no ano 1965 e traballa na sección de Cultura do xornal El Progreso de Lugo. Como xornalista, gañou o Premio Manuel Reimóndez Portela de Periodismo 2005. Adoita intervir en congresos e impartir conferencias por toda Galicia sobre literatura galega e literatura en Internet.

Interviú tamén no Centro Cultural Portugués Orfeu de Bruxelas (2004), na Universidade de Cáceres (2004), na Casa de Galicia en Madrid (1999), na Universidade Nova de Lisboa (2005), na Universidade do Minho (2005) e na Frei Universitat de Berlín (2005).

É membro da Comisión Técnica de Xornalismo Cultural do Consello da Cultura Galega. Foi xurado dos premios literarios Blanco Amor (2003), Lueiro Rey (2002) e Terras de Melide (2002), así como do Premio de Xornalismo Gastronómico álvaro Cunqueiro (2004).

Mantén o blog sobre literatura galega e europea Santiago Jaureguizar é autor do guión da curtametraxe O golpe e traballou con Antón Reixa nun guión baseado na súa novela Todo a cen.

Publicacións

Novelas de acción e de piratas

  • Unha cabana na lúa. Baía Edicións, 2006. Finalista do Premio Meiga Moira.
  • A cova das vacas mortas. Xerais, Vigo. Premio Fundación Caixa Galicia, 2006.
  • Estación Mir. Editorial Tris Tram, 2003.
  • Balea morta ou lancha a pique!. Xerais, Vigo. 2002. Finalista do Premio Barco de Vapor 2001.
  • Salitre. Xerais, Vigo. 2000.
  • A rutina corsaria. Xerais. Vigo, 1998.
  • Todo a cen. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela. 1995.

Novelas para adultos

  • Cabaret Voltaire. Galaxia. 2005. Premio García Barros.
  • Casa Skylab. Premio Xerais 2003.
  • Breve crónica universal da clase obreira. Premio Lueiro Rey de novela curta 2001. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela. 2002.
  • O golpe. Guión sobre unha idea de Santiago Torres. Editorial e-dixital, A Coruña. 2002.
  • O inesperado atraco dos siameses. Editorial e-dixital, A Coruña, 2002.
  • As horas sucias. Xerais, Vigo. 2001.
  • Ninguén está so. Fran Alonso, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Paco Martín, Antonio Reigosa, Helena Villar Janeiro e Santiago Jaureguizar. Editorial Tris Tram, Lugo. 2001.
  • Carapuchiña Vermella vista por. Limiar de Luis Alberto de Cuenca. Inclúe relatos de Carmen Blanco, Quico Cadaval, Carlos Casanova, Manuel Darriba, Daniel Domínguez, Jaureguizar, Aníbal Malvar, Paco Martín, Isidro Novo e Antón Reixa. Editorial Tris Tram, Lugo. 1998.
  • Comendo espaguetis diante da televisión. Xerais, Vigo. 1998.
  • Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979 - 1996 (coordinación de edición Xosé Cid Cabido). Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Xoán Bernárdez Vilar, Darío Xohán Cabana, Xosé Carlos Caneiro, Carlos Casares, Alfredo Conde, Xosé de Cora, Xabier P. Docampo, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel Forcadela, Víctor F. Freixanes, Camilo Gonsar, Bernardino Graña, Bieito Iglesias, Santiago Jaureguizar, Manuel Lourenzo González, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Carlos Mella, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Miranda, Gonzalo Navaza, Xosé Neira Vilas, María Xosé Queizán, Carlos G. Reigosa, Manuel Rivas, Manoel Riveiro Loureiro, Xavier Rodríguez Baixeras, Claudio Rodríguez Fer, Euloxio R. Ruibal, Miguel Suárez Abel, Suso de Toro. Xerais, Vigo. 1996.
  • Fridom Spik. Xerais, Vigo. 1995.

Correo electrónico: Santiago Jaureguizar

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.