Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Lugrís Rodríguez, Manuel

Lugrís Rodríguez, Manuel

Coruñés de nacemento, de formación e de veciñanza, é un prolífico autor, aínda que apenas ten obra publicada até o presente. O feito de escribir, simplemente, para íntimo lecer, é o motivo fundamental desta carencia de presenza pública do seu traballo literario.

Dedicado a multitude de actividades, tanto no campo do asociacionismo, cultural, veciñal etc., como no eido sindical e político, desenvolveu un amplo abano participativo dentro do latexar da vida coruñesa, marcado no compromiso coa cultura galega, máis alá do que esta significa como manifestación do sentir e da referencia de autodefinición nacional.

Neto do patriarca das Letras Galegas, Manuel Lugrís Freire, e sobriño do pintor Urbano Lugrís, bebe así nas fontes mesmas da cultura con maiúsculas, que trata de elevar, desde a súa escrita, por riba do superficial e do pasaxeiro cunha narrativa que pensa en transcender mais aló dun temo e dun espazo determinado.

Publicacións

  • Liliput. Baía Narrativa. Baía Edicións, 2008.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.