Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración López Vázquez, Ramón

López Vázquez, Ramón

Nace en Zolle (Guntín), Lugo. Cursa os primeiros estudios no Seminario de Lugo e licénciase en Teoloxía e Filosofía na Universidade Pontificia de Salamanca. Doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid (1987).

Profesor agregado desde o ano 1976 e catedrático de Filosofía no IES Eduardo Pondal (Santiago) desde 1978.

Colaborador do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

Actualmente segue a traballar na área de pensamento galego.

Publicacións

Libros

  • Los Comentarios y Cuestiones de Pedro de Oña a la Física de Aristóteles, (en colaboración), Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e intercambio Científico, 2005. (Inclúe CD-ROM coa edición e reprodución da obra, e reproducións facsimilares dos Comentarios de Averroes á Física e da versión latina de Argiropulos).
  • Roberto Nóvoa Santos (Nova interpretación antropolóxica), Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, 2004.
  • Eloy Luís André, A Coruña. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2002.
  • A filosofía krausista en Galicia, segunda edición, revisada, Santiago: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, 2002.
  • Homenaxe ao profesor Quintáns, (colaboración), Santiago de Compostela: Ed. Follas Novas, 1999.
  • Estudio, tradución e notas á Ética Xeral de Ramón del Prado, Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, 1999.
  • O pensamento rexeneracionista de Eloy Luís André. Do europeísmo ó galeguismo, Santiago de Compostela: Centro de investigacións lingüísticas e literarias “Ramón Piñeiro”, 1996.
  • O padre Feixoo, escolástico, Santiago de Compostela: Centro de investigacións lingüísticas e literarias “Ramón Piñeiro”, 1995.
  • A filosofía krausista en Galicia, Santiago de Compostela: Centro de investigacións lingüísticas e literarias “Ramón Piñeiro”, 1994.
  • Celestino Fernández de la Vega: pensamento universal desde a provincia, A Coruña: Ediciós do Castro, 1993.
  • Conocer y decir del ser en G. De Ockham, (Tese de doutoramento), Madrid: Universidad Complutense, 1988.
  • Introdución á Filosofía, (en colaboración), Vigo: Ed. Galaxia, 1979.
  • Historia da Filosofía, (en colaboración), Vigo: Ed. Galaxia, 1980.

Artigos

  • Nenias para un home de exemplo!, "Roteiros, arumes de pensamento crítico", ed. TresCtres, Ames. A Coruña, Nº 0, 2006, (Homenaxe a Ramón Regueira).
  • Celestino, a filosofía e a feira, “Terra Chá”, 2 (2000).
  • O mundo de X. M. Rodríguez Pampín, “Encrucillada”, 119 (2000).
  • ¿Por que Cuadrado Maseda verte o opúsculo De ente et essentia de san Tomé ao castelán?, “Monfadal”, 2 (2000).
  • Para unha sistemática de Ramón Piñeiro, "Cadernos Ramón Piñeiro" (I), Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Político Lingüística, Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
  • Valores: hoxe, onte, mañá...., “Revista Galega do Ensino”, 15 (1997).
  • Fr. Benito J. Feijoo, profesor de filosofía escolástica, “Pensamiento”, 50(1994).
  • La función de la intuición ockhamista, “Revista Española de Filosofía Medieval”, (1993).
  • La relación según Guillerme de Ockham, “Pensamiento”, 44(1988).
  • La causalidad según Guillerme de Ockham, “Naturaleza y Gracia”, XXXIV(1987).

Recensións

  • El racionalismo del s. XVII, de Ángel Álvarez Gómez, “Agora”, vol.. 20, nº. 1 (2001).
  • El libro de los valores, de L. Quintás y G. Villapalos, en “Revista Galega do Ensino”, 15 (1997).
  • Cunqueiro: Unha vida buscando vida, en El Correo, 16/02/1996.
  • Hamlet e a Realidade Cunqueiriana, de A. González Fernández, en “Revista Galega do Ensino”.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.