Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración López Rodríguez, Xavier

López Rodríguez, Xavier

Naceu en 1956 nunha aldea de Zamora, San Ciprián de Hermisende, onde se fala galego. De familia labrega, estudou como bolseiro en Sevilla e Madrid. Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985

Traballou en periódicos como El Correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia, así como en diferentes gabinetes de comunicación.

Publicacións

  • Os globos de andar. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2008.
  • Cor gris vida. Tambre-Edelvives, 2007.
  • A Abella na orella da ovella. Everest, 2007.
  • O dromedario nadador. Obradoiro-Alfaguara, 2005.
  • O aliado inesperado. Obradoiro-Alfaguara, 2005.
  • Castiñeiro e compaña. Obradoiro-Alfaguara, 2003.
  • Destrucción. Xerais, 2003 (Finalista do Premio Xerais).
  • A alfombra falsa. Everest, 2003.
  • Amigo medo. A Nosa Terra, 2002.
  • Catro pitas. Rodeira-Edebé, 2000.
  • Un burro hippy. Tambre-Edelvives, 2000.
  • Voces de vacas. Galaxia, 1999.
  • Noitebra. Xerais, 1999.
  • O neno que matou a Deus. Edebe-Rodeira, 1998.
  • Linguas longas. Galaxia, 1998.
  • Brumoso. Xerais, 1998.
  • A serea do deserto. Alfaguara-Obradoiro, 1997.
  • Días de desterro. Edicións Xerais, 1996.
  • Como unha pluma liviá. Casals, 1995.
  • A citación. Galaxia, 1995.
  • Outros heroes. Edicións Positivas, 1993.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.