Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Maceiras Lafuente, Andrea

Maceiras Lafuente, Andrea

Nace na Coruña o 6 de novembro de 1987. Licenciada en Filoloxía Hispánica, actualmente compaxina os seus estudos de Filoloxía Galega coa súa tese doutoral na Universidade da Coruña.

Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e en Filoloxía Hispánica e escritora de literatura infantil e xuvenil. Con Proxecto Bolboreta (Xerais, 2007) gañou o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. Violeta tamurana (Baía, 2010) obtivo o 4.º Premio Meiga Moira. En 2012 publicou O segredo do lagarto arnal
(Baía, 2012). Nubes de evolución (Xerais, 2013) foi finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas literarias 2014. Volverás golfiño (Xerais, 2014) quedou finalista do Premio Merlín 2013. Con Miña querida Sherezade  obtivo o 6.º Premio Meiga Moira.
Publicacións
  • Miña querida Sherezade. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2014.
  • Nubes de evolución. Xerais, 2013.
  • O segredo do lagarto arnal. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2012.
  • Violeta tamurana. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2010.
  • Proxecto Bolboreta. Xerais, 2007.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.