Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Naya Fernández, Salvador

Naya Fernández, Salvador

É Licenciado en Ciencias Matemáticas coa especialidade de Estatística e Investigación Operativa pola Universidade de Santiago de Compostela (1986). Doutor pola Universidade da Coruña na área de Enxeñería Industrial (2003).

Nace o 22 de setembro de 1962 en Bregua (Culleredo) na Coruña, aínda que actualmente reside en Betanzos.

Foi profesor agregado de Bacharelato de Matemáticas desde 1987 a 1998. Actualmente é profesor titular de escola da área de Estatística e Investigación Operativa na Universidade da Coruña. Departamento de Matemáticas. Escola Politécnia Superior. Ferrol.


Publicacións

  • Estudo da Inserción Laboral dos Titulados no Sistema Universitario de Galicia 2001-2003. ACSUG. R. Crujeiras, Pedro Faraldo Roca, Belén M. Fernández de Castro, Carlos Luis Iglesias Patiño e José María Matias Fernández (2006).
  • Introducción a la estadística y sus aplicaciones, en colaboración de Manuel A. Presedo Quindimil e Ricardo Cao Abad. Editorial Pirámide, 2005.
  • Incorporación do titulado universitario ao mercado de traballo. Visión dende a empresa. R. Crujeiras, Pedro Faraldo Roca, Belén M. Fernández de Castro, Carlos Luis Iglesias Patiño e José María Matias Fernández (2005). Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Proxecto de Inserción Laboral dos Titulados polo Sistema Universitario de Galicia 1996-2001. Libro. ACSUG. R. Crujeiras, Pedro Faraldo Roca, Belén M. Fernández de Castro, Carlos Luis Iglesias Patiño e José María Matias Fernández (2004).
  • Métodos estatísticos e numéricos, en colaboración de Ricardo Cao Abad, Aurora Labora Castro e Matilde Ríos Fachal. Baía Edicións, 2001.
  • Artigos de investigación publicados nas seguintes revistas: Journal of Statistical Computation and Simulation (1), Thermochimica Acta (4), Polymer, Degradation and Stability (1), Journal of the ASTM International (1), Materials Science Forum (6), Revista española de Metalurgia (1), Revista española de Psiquiatría (1), Tribology in Environmental Design (1), Gamma (5), Journal of Termal Análisis and Calorimetry (2), Wear (1) e Journal of Chemometrics (1).

Correo electrónico

Salvador Naya

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.