Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Penas Patiño, Xaquín

Penas Patiño, Xaquín

Biólogo. Actualmente profesor de Bioloxía e Xeoloxía no IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela. Membro da Sociedade Galega de Historia Natural e do Museo do Pobo Galego.

Coordinador das I, II e III Xornadas sobre O medio mariño e Acuicultura en Galicia, celebradas, respectivamente, nos anos 1992, 1993 e 1994 no Castro (Sada).

Publicacións

  • A arca de Noé. Baía Edicións, 2006.
  • As plantas medicinais (1993), Ir Indo Edicións (Vigo).
  • Manual de análise da auga do mar (1989), Ed. Os Autores, Santiago de Compostela.
  • As plantas de Galicia. Cadernos nº 6 do Museo do Pobo Galego (1987), Edicións do Castro.

Coordinador e relator nos libros

  • Marisqueo en Galicia (1998), Edicións do Castro (Sada).
  • Acuicultura mariña en Galicia (1995), Edicións do Castro (Sada).
  • A contaminación mariña do litoral galego (1992), Edicións do Castro (Sada).
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.