Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Pedreira López, Carlos
Nace o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume e reside en Santiago de Compostela desde 1969. Ornitólogo, naturalista, delineante naval e mestre de Educación Primaria, carreira que cursou en Santiago e da que se prexubilou en 2006.
A súa atracción pola natureza lévao a dedicarse ao seu estudo e á súa divulgación, especialmente no campo da ornitoloxía. Foi membro fundador do Grupo Ornitolóxico Galego, no que ocupou o cargo de vicepresidente, e un dos promotores da creación da Sociedade Galega de Historia Natural, da que foi membro activo. As súas actividades englóbanse dentro das realizadas por estes grupos naturalistas.
Publicacións
Libros
- Guía das Aves de Galicia, en colaboración con Xosé Manuel Penas Patiño e o ilustrador Calros Silvar publicada en 1980, a primeira do seu xénero en Galicia e en galego da que se coñecen varias edicións, a última de 2004.
- Aprendo coas aves (1995) con ilustracións de Calros Silvar.
Interesado pola nomenclatura das aves galegas, realiza en colaboración con Xosé Manuel Penas Patiño a recollida e estudo desas voces do que son froito numerosos
artigos aparecidos na revista de filoloxía da USC Verba:
- “Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes”(1975).
- “Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba”(1976).
- “Nomes galegos das aves Piciformes”(1977).
- “Nomes galegos das aves da familia Fringillidae”(1980).
- “Nomenclatura das aves do concello de Ames”(1990).
Na revista da SGHN Braña
- “Lista patrón das aves de Galicia”(1977 e 1978).
Colaboracións
- Gran Enciclopedia Gallega nas voces sobre avifauna e algunhas outras.
- Dirixiu cursos de Ornitoloxía e Educación Ambiental dirixidos preferentemente a alumnas e alumnos de E.P. e ESO.
- Participou en programas de Educación para a Saúde elaborando:
- Manual e Cadernos de Saúde Bucodental.
- Manual e Cadernos de Prevención de Drogodependencias.
Traducións ao galego
- A Venus de Ille.
- Sete rapaces australianos.
- O Gato Borba.