Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Rivas García, Manuel

Rivas García, Manuel

Nace en Distriz-Vilalba (Lugo) 1947. Estudou Humanidades no Seminario de Mondoñedo e rematou o Bacharelato no Instituto de Lugo. Licenciado en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca (1971) cunha tesiña titulada: La reducción de la Teoloxía a Antropoloxía en “La esencia del Cristianismo” de Ludwig Feuerbach. Estudou Filosofía e licenciouse na Universidade de Salamanca en 1973 cunha tesiña sobre Wittgenstein: Aspectos lógico-metafísicos del Tractatus de Wittgenstein (1973). É Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese que leva por título: O Pensamento ilustrado na Galiza do XVIII.

Foi Profesor Agregado de Filosofía no Instituto Xan Montes de Lugo e de Socioloxía da Educación na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B. de Lugo. Catedrático de Filosofía no Instituto Rosalía de Castro de Santiago ata a súa xubilación en 2009. Fundou e dirixiu a colección de libros de peto de Filosofía “Baía Pensamento” e a Revista “Roteiros. Arumes de Pensamento Crítico”. Participou con comunicacións e relatorios en varios congresos de Filosofía.

Publicacións

a) Libros e capítulos de libros. 

  1. Introducción á Filosofía, Vigo, 1979.
  2. Historia da Filosofía, Vigo, 1980.
  3. Filosofía, Ed. Mc Graw-Hill, Madrid, 2000.
  4. Historia da Filosofía, Ed. McGraw-Hill, Madrid, 2001.
  5. Filosofía, Ed. Mc Graw-Hill, Madrid 2002.
  6. Historia de la Filosofía, Ed. Mc Graw-Hill, Madrid 2003.
  7. José Ortega y Gasset, Ed. Baía, Col Baía Pensamento, A Coruña, 2002.
  8. Diccionario Galego de Filosofía, Editorial 3C3, A Coruña, 2005.
  9. O pensamento ilustrado na Galiza do XVIII (Tese de Doutoramento), Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2009.
  10.  “Filosofía e Ilustración en Galicia”en El pensamiento filosófico y político en la Ilustración Francesa (Coord. María Xosé Agra), Univ. de Santiago, 1992, 313-322.
  11. “Ciencia e Filosofía na Galicia ilustrada” en O Pensamento galego na historia, (Coordinador, Xosé L. Barreiro). Universidade de Santiago, 1992, 151-158
  12. “Europa e a razón ilustrada: o caso galego” en Europa: mito e razón (Coord. X. L. Barreiro e L. García Soto), Universidade de Santiago de Compostela, 2001, 197-214.
  13. “As relacións luso-galaicas na etapa ilustrada: Fr. Martín Sarmiento” en Galiza e Portugal: identidades e fronteiras, Universidade de Santiago de Compostela, 2003.
  14. “Ética e ambiente” en Unha ollada desde a ciencia. Caderno de divulgación científica. Xunta de Galicia, 2007, 62-64.
  15. Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego, Ed. Xerais, Vigo, 2008.
  16. O Pensamento ilustrado na Galiza do XVIII (Tese de Doutoramento), USC, Santiago de Compostela, 2009.
  17. Viqueira, o filósofo da Xeración Nós, en O Pensamento luso-galaico-brasileiro (1850-2000). Imprensa Nacional-Casa da Moeda, Lisboa, 2009, 387-413. 

b) Artigos: 

  1. “A Filosofía de Luís Losada Quiroga” en Agora, Universidade de Santiago, 1982, 183-192.
  2. “Ética e Ecoloxía” en Eco, nº 2, Santiago, 2000, páx. 14.
  3. “A presenza da Filosofía ilustrada en Lugo: O Cóengo Xoán Francisco de Castro” en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, nº 1, 2007, 104-124.
  4. “A presenza do empirismo e do sensismo na filosofía ilustrada galega: Xosé González Varela” en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, nº 3, 2009, 177-189.
  5. “Tres perspectivas sobre a paz: Iusnaturalismo, visión orteguiana e Iusirenismo kelseniano”, en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, nº 5, 2011, 63-99.
  6. “Muñoz Delgado e a Historia da Lóxica en España. Notas sobre un inédito atopado no Mosteiro de Poio”, en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, nº5, 2011, 123-143.
  7. Diversos artigos publicados na Gran Enciclopedia Gallega, Diccionario Enciclopedia do Pensamento galego. Colaboracións en El Correo Gallego, El Faro de Vigo, A Nosa Terra e noutras revistas.

c) Críticas e recensións de libros

  1. 2001: Problemas, de Ernst Tugendhat Gedisa, Barcelona 2002. Traducción española, Vicente Durán Casas, en Ágora (Santiago de Compostela), vol. 20, nº 2, pp. 267-277 .
  2. 2002: Globalización e cambio de milenio, de AA.VV., Ed. Xerais, Vigo, 2001, en Revista Galega do Ensino, nº 34, pp. 269-75.
  3. 2002: “A Ética aplicada. Sobre o libro: Dignidad de la vida y manipulación genética, de José María Gómez-Heras (Coord.), Ed. Biblioteca Nueva, Madrid, 2002, en Revista Galega do Ensino, nº 37, pp.209-212.
  4. 2003: “O personalismo de Mounier”, sobre o libro: Emmanuel Mounier, de Xosé Manuel Domínguez Prieto, Ed. Baía Pensamento, A Coruña,2002, en Revista Galega do Ensino nº 38, pp.223-227.
  5. 2003: “As filosofías de Wittgenstein”, sobre o libro de Isidoro Reguera, Ludwig Wittgenstein, Ed. Edaf, Madrid, 2002, en Revista Galega do Ensino, nº 39, pp.199-203.
  6. 2003: 12 grandes … Filósofos , de Isidro García Tato, Ed. Lóstrego, Santiago, 2003, en Revista Galega do Ensino, nº 42, pp. 187-191.
  7. 2004: “O pensamento que nace da vida” sobre o libro José Ortega y Gasset (1883-1955). Vida y Filosofía, de José Lasaga Medina, en Biblioteca Nueva, Madrid, 2003, en Revista Galega do Ensino , nº 43, pp. 265-269.
  8. 2005: Historia da Educación e da Cultura, de Antón Costa Rico, Ed. Xerais, Vigo, 2004, en Encrucillada, nº 145, Santiago de Compostela, 2005, A Coruña, pp.109-114.
  9. 2006: Freud, de Manuel Sánchez Pombo, Ed. Baía, A Coruña, 2005, en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, nº 0, Ed. TresCtres, Santa Comba, A Coruña, pp. 204-6.
  10. 2007: Margarita y la sombra de Atenea, de Javier Pérez Carrasco, Ed. TresCtres, Santa Comba, A Coruña, 2005, en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, nº 1, Ed. TresCtres, Santa Comba, A Coruña, pp.139-144.
  11. 2007: Condorcet, de Arsenio Ginzo Fernández, Ed. Baía, A Coruña, 2006, en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, n.º 1, Ed. TresCtres, Santa Comba, A Coruña, pp.148-151.
  12. 2008: Ramón Martínez López, de Amancio Liñares Girault, Ed. TresCtres, Santa Comba, A Coruña, 2007, en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, n.º 2, Ed. TresCtres, Santa Comba, A Coruña, pp.139-144.
  13. 2008: Fundamentos de Pensamento intercultural. Guía didáctica para 2º curso de Educación Secundaria, de Mª Xesús Vázquez Lobeiras, Ed. Baía, A Coruña, 2007, en Roteiros. Arumes de Pensamento crítico, n.º 2, Ed. TresCtres, Santa Comba, A Coruña, pp.174-175.

Hai tamén outros artigos e recensións publicadas no Diccionario Enciclopedia do Pensamento GalegoGran Enciclopedia GallegaGuía dos Libros novos, A Nosa Terra El Correo Gallego.

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.