Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Ríos Fachal, Matilde
Licenciada en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Matemática Aplicada pola Universidade da Coruña.
Exerce de profesora de Matemáticas de Ensino Secundario.
Ten participado en numerosas actividades de formación relacionadas coas Matemáticas, e presentado varios traballos de divulgación en congresos nacionais e internacionais, como os Congresos da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (SGAPEIO), o Congreso Internacional de Educación Matemática (ICME), o Congreso Internacional de Estatística (ICOTS), o Congreso Internacional de Estatística (ISI) ou o Congreso Internacional de Matemáticas (ICM).
Conta con varios artigos en revistas científicas e de divulgación. Participou tamén na elaboración de material didáctico para o Portal Estatístico para o mundo educativo dispoñible na páxina Web do Instituto Galego de Estatística (IGE).
Publicacións
- As mulleres nas Matemáticas. Baía Ensaio. Baía Edicións, 2008.
- Métodos estatísticos e numéricos 2º Bach, en colaboración de Ricardo Cao Abad, Aurora Labora Castro e Salvador Naya Fernández. Baía Edicións, 2001.