Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Regueiro, Conchi
Conchi Regueiro (Lugo, 1968), traballadora social e pedagoga, leva escribindo un feixe de anos, sobre todo cousas fantásticas, pero non rexeita nada que lle cruce pola cabeza, pois o que quere é narrar historias.
Desde o seu primeiro libro, Tempos agradables, III premio de novela Mulleres Progresistas, ata a actualidade, publicou un par de decenas de novelas e escolmas de relatos. Ademais, tamén colaborou con algún que outro conto en diversas antoloxías e ata lle deu para enfiar uns poucos artigos sobre temas literarios. En literatura xuvenil ten, con Baía: Un marciano neste mundo —finalista do I Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil—; O tesouro das ánimas; A herdanza do marqués e A cerna do segredo, e, en castelán: Eldelrío (Ed. Cerbero, 2020).
Podes atopar máis datos sobre ela en: https://gl.wikipedia.org/wiki/Conchi_Regueiro