Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Rabuñal Corgo, Henrique

Nace en Pastoriza, Arteixo en 1962. Escritor e profesor. Publicou numerosos libros individuais e participou en 70 obras colectivas, sendo autor de máis de 300 escritos, 50 de asunto teatral.

Graduouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela coa memoria de licenciatura A xeración escolar. Notas para a historia do teatro galego (1989) e doutorouse coa tese Textos e contextos do teatro galego (1994). É tamén Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coimbra. Fundou os colectivos galeguistas A Nova Mocidade e Xiada e foi membro do grupo de sociolingüística Iruinean Sortua liderado por Lluis V. Aracil. Profesor de lingua e literatura galegas (1986), participa en congresos e encontros da súa especialidade, ofrece recitais poéticos e dicta conferencias en diversas universidades e centros culturais de España, Europa e América. Traballos seus poden lerse nas Actas do I, II, III, IV e V Congresos da Lingua Galego-Portuguesa, nas Actas do I e II Congreso de Literaturas Lusófonas ou nos volumes O fenomeno literario nos países lusófonosHomenagem ao professor Carvalho Calero e Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Co prof. Gil Hernández estudiou en 1989 O conceito de 'diglossia', segundo Ch. A. Ferguson.

Foi redactor da revista Agália onde publicou (1985-2001) máis de trinta traballos sobre Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Avilés, Carvalho Calero, Blanco Amor, Guerra da Cal, Dieste, Ánxel Casal, Manuel Maríla ou Baixeiras.

Henrique Rabuñal foi galardoado no Concurso Literario de Culleredo, no Breogán de Contos, no Galaico-Leonés de Narrativa, no de poesía Meigas e Trasgos, no de Teatro Breve da Escola Dramática Galega, no de Contos Infantís O Facho, no de Poesía D. A. de Andrade, no I Certame Maio Literario, co premio "Arteixán do ano 1994" ou co premio Carballo Calero de Investigación Lingüístico-Literaria.

En 1999 traballa na curtametraxe de animación Ignotus (Premio AGAPI 2001) dirixido por Tomás Conde e Virxinia Curiá e baseado no relato homónimo de M. Murguía.

Foi Director do programa de radio Quinta-Feira e na actualidade é colaborador de Radio Coruña. Tamén é directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e coordinador do Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía" responsabilizándose da edición dos libros Relatos (1995), Airadas de palabras (1998), Tecendo panos (2000), Paisaxes con palabras (2001) e De soños e memorias (2003) onde se recollen relatos dos autores galardoados. Unha parte do seu traballo investigador está consagrado á figura de Manuel Murguía a quen dedicou varios libros.

Obra publicada en numerosos xornais e revistas como El Ideal Gallego (entre 1985 e 1987 leva a sección "Palabras" no suplemento Cataventos), Cadernos da Escola Dramática GalegaLa Voz de GaliciaO EnsinoA Nosa TerraCadernos do PovoEl Correo GallegoNósAgáliaLuzes de GalizaCasahamletBoletín Informativo Municipal de ArteixoEl MundoÇopyrightEnclaveO Correo GalegoBravúRaigameA RuaNova RenascençaCadernos de TeatroBolboretaRevista Galega de TeatroLa OpiniónGuía dos Libros Novos así como no servidor de internet e no teletexto da CRTVG.

Publicacións

  • O Padre Sarmiento. Arquivo da lingua e cronista da patria, 2002.
  • Jenaro Marinhas del Valle, a vida escura, 2000.
  • A Coruña na historia, 1999.
  • Rafael Dieste: a franqueza e o mistério. Baía Edicións, 1995.
  • Textos e contextos do teatro galego (1671-1936), 1994.
  • Alba de Groria de Castelao con gravados de Manuel Facal, 1992.

Coautor con X. M. Fernández Costas

  • Luz Pozo Garza. Códice calixtino.
  • X .L. Méndez Ferrín. Con pólvora e magnolias.
  • Carlos Casares. Ilustrísima.

Como membro da AGAL (1983-2001)

  • Guía prático de verbos galegos conjugados, 1989.
  • Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 1989.
  • Prontuário ortográfico galego, 1985.

Libros dedicados a Manuel Murguía

  • Diálogos na Casa de Rosalía, 2002.
  • Congreso sobre Manuel Murguía, 2001.
  • Manuel Murguía e Arteixo, 2000.
  • La primera luz, 2000.
  • Manuel Murguía. Instantes dunha vida, 2000.
  • Manuel Murguia, 1999.
  • Manuel Martínez Murguía, 1999.
  • Volver a Murguía, 1998.

Ensaísta e investigador

  • Alexandre Bóveda: bandeira da nosa redenció, 1991.
  • Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, 1989.
  • O marinheiro de Fernando Pessoa, 1985.

Guións dos videos

  • O Certame 'Manuel Murguía'. Dez anos de cultura e palabras en Arteixo, 2002.
  • A Luz de Carlos, este en homenaxe a Carlos Casares. 2002.
  • Renova Arteixo. Renova Galiza, 1991.

Obra poética

  • A illa quente de nengure comeza a súa andaina literaria que inclúe tres poemarios: Paixom e morte dum condenado (1984), Poemas da luz e da locura (1992) e O tempo demorado nos marmelos (2000).
  • Volumes dedicados á poesía galega polas revistas Mealibra e Anto.
  • Ao mar de adentro.
  • Homenaxe a Eduardo Blanco Amor 1998.
  • Negra sombra.
  • Matria da palabra de R. da Rocha.
  • A poesía contemporánea a partir de 1975 de M. Mato.
  • Río de son e vento de C. Morán.
  • 25 anos de poesía galega de L. Rodríguez.
  • Botella ao mar.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo.

Dramaturgo

  • O vento da morte, 2004.
  • Monólogo do fillo triste, 2002.
  • Mumias no país de Luzetro, 2000.
  • Amlet, voz e verbo, 1999.
  • Xuízo a Curros, 1993.
  • Maternidade, 1992.
  • Louvor de Pero Meogo (Monólogo do cervo Agostiño), 1992.
  • Do goberno bipartito á autovía funeral (estreada en 1992).
  • Diálogo da Furoca entre Afonso Eanes do Cotom e Pero da Ponte, 1991.
  • Desesperados, 1990.
  • Cousas de Itaca, 1988.
  • Oratio mare/O cántico de Orfeu, 1988.
  • A noite das noites. (1985, Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega, estreada en 1988).
  • Colaborou tamén no volume Monólogos II.

Relatos

  • Susana Mourelle Trotín, 2001.
  • Telegrama con vida incorporada, 1999.
  • A fariña das horas, 1998.
  • Carta do clérigo Chucho Malfado a Maria Peres, a Balteira, 1991.
  • As Weissleiver, 1987.
  • Abril e o Epistolário em catro tempos, 1985.
  • Volumes colectivos Fogo cruzadoMuralla de CrescórnioNovo do trinqueAlma de beiramar ou Sempre mar.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.