Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración R. Roseman, Sharon
É profesora de Antropoloxía na Memorial University of Newfoundland, na cidade de Sr. John´s, Terranova e Labrador (Canadá). Leu a tese doutoral en 1993 na McMaster University.
Leva desde 1989 facendo investigacións antropolóxicas en Galicia. Foi profesora visitante na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal).
Publicou artigos en inglés, galego e castelán sobre temas como a memoria, o xénero, os oficios, as linguas, as identidades, o espazo, o turismo, e o patrimonio en varias revistas científicas e libros.
Está traballando no campo da antropoloxía audiovisual, ademais da etnografía escrita.
Publicacións
- O Santiaguiño de Carreira, Retallos da nosa historia. Baía Edicións, 2008.
- Co-editora do libro Intersecting journeys: the anthropology of pilgrimage and tourism (University of Illinois Press, 2004).
- Co-editora do libro Recasting culture and space in Iberian contexts (State University of New York Press, 2008).