Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Sánchez Iglesias, Cesáreo
Nace en Dadín-Irixo (Ourense) no ano 1951. Estuda arquitectura técnica e socioloxía e ciencias políticas en Madrid, onde intervén na organización do nacionalismo, sendo cofundador da Agrupación Cultural Lóstrego, da que foi presidente.
Presidiu a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. Na actualidade é presidente do Seminario A Nosa Terra, e dirixe Edicións A Nosa Terra. Traballa no Servicio de Urbanismo da Xunta de Galicia.
Publicacións
- O rostro da terra. Baía Edicións, 1996.
- Do olvido o río. Coleccións Esquío de Poesía. Ferrol, 1993.
- A árvore das sete palabras. Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1989.
- Mar do Fin da Terra. Ed. Vía Láctea, 1987.
- Ortigas da memoria. Ed. do Castro. Sada, 1985.
- O cántico da fonte. Ed. do Castro. Sada, 1982.
- Antonte das salamántigas. Ed. do Castro. Sada, 1980.
- Silencios e conversas de inverno. Ed. Celta. Lugo, 1978.