Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Volta, Pedro

Volta, Pedro

Con tan só 17 anos apareceu no programa “Luar” da TVG no que participou en catro ocasións. Tamén realizou diferentes intervencións televisivas desta canle en programas. Produciu un total de 12 Festivais de Maxia con artistas de talla internacional con montaxes espectaculares.

Nace o 20 de abril de 1977. É un ilusionista galego cunha dilatada experiencia profesional. Con tan só 17 anos apareceu no programa “Luar” da TVG no que participou en catro ocasións. Tamén realizou diferentes intervencións televisivas desta canle en programas como “Acompáñenos”, “As tardes de Ana Kiro”, “Pasarela de Estrelas”, “A Mañá” e “Entre nós”. En Antena 3 Televisión participou no programa “Sabor a ti” e “Lo que Necesitas es Amor”. En Televisión Española no programa “Certa de ti” e “Desde Galicia para O Mundo”. En tres ocasións no programa de Belinda Washington en Castilla la Mancha Televisión. No ano 2008 colaborou como asesor e realizou un espectacular número de escapismo no prestixioso programa de maxia NADA X AQUÍ da canle CUATRO.

No ano 2007 é seleccionado para saír nos extras do DVD da película “O Ilusionista” de Edward Norton facendo unha ilusión na que separa a cabeza do seu corpo. Ademais traballou como rexedor en Antena 3 Televisión e é Técnico Superior de Realización de Audiovisuais e Espectáculos por ISV. Tamén fixo estudos de produción no Instituto de RTVE en Madrid. Realizou a carreira de Historia da Arte en Santiago de Compostela.

Produciu un total de 12 Festivais de Maxia con artistas de talla internacional con montaxes espectaculares: Zona Máxica Pontevedra (1998), 6 edicións do Festival Internacional MAGIC FESTIVAL SANXENXO (2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008), Gala de Maxia nas Festas da Peregrina de Pontevedra (2005), Festival de Maxia de Vigo (2006), Ponteilusión (2007), Iº Festival Internacional de Maxia de Leganés (Coproducido en 2008) y I Gala Robert Houdin (Coproducido na Coruña, 2008).

Realizou os seus propios espectáculos de maxia na Praza de Colón de Madrid contratado polo Concello no Nadal de 2006. Tamén estivo no Círculo das Belas Artes de Madrid e en diversos centros culturais. No 2008 actuou nos Premios Buero de Teatro Xove da Fundación Coca-Cola.

Protagonizou infinidade de eventos para empresas entre as que destacan a Cowparade de Vigo, Telefónica, Caixa Galicia, Adif, Coca-Cola, Navantia, BMW, Movistar, entre outras.

Entre os moitos espectáculos realizados en Galicia podemos citar algúns como “A noite da gran evasión” na Festa da Peregriana de Pontevedra ante 2.000 persoas nos anos 1994 e 1995. A evasión dunha camisa de forza colgado dun guindastre a 30 metros de altura en Pontevedra no ano 2000. Espectáculo MAGIC no Teatro Principal de Pontevedra no ano 2000 durante dous días. 11 representacións do espectáculo “A Maxia do meu avó” por todos os centros culturais de Caixa Galicia en 2002. 10 representacións en Colexios de educación especial da provincia de Pontevedra patrocinado por Caixa Galicia. “A Maxia está nas túas mans” (2004) e “Ilusión” (2005) no Teatro Cine Fraga de Vigo; “Ilusión” no Auditorio de IFEVI de Vigo en 2007; “Ilusión” e “Soños Máxicos” no Teatro Cine Salesianos de Vigo (2008 e 2009). “Ilusión” en Teatro Principal de Santiago, Auditorio de Carballo e Cedeira en 2008. O espectáculo “A Maxia de Pedro Volta” colga o cartel de "Non hai entradas" no Teatro Principal de Pontevedra o 27 de decembro de 2008 no III Circuito Galego da Maxia.

Colaborou como artista invitado nos festivais de maxia de Leganés, Málaga, Madrid, Lugo Máxico, Compostela Máxica, A Coruña. Tamén participou nos Circuítos Galegos da Maxia I, II e III. Este verán foi contratado co seu espectáculo de gran formato, no que fai unha evasión nun tanque con mil litros de auga, dentro da programación de “Vai de Camiño” 2008 do Xacobeo no Auditorio de Mondoñedo cun cheo total. Hai que destacar que no ano 2008 foi un dos artistas que recibiu unha subvención dentro do PLAN DAS ARTES ESCÉNICAS 2008 co que adquiriu ilusións fabricas nas Veigas e adquiriu dereitos de representación dun dos mellores creativos da maxia JIM STEINMEYER (DISNEY LIVE, DAVID COPPERFIEL, A BELA E A BESTA etc.).

Como gran noticia a finais do mes de xullo de 2009 a editorial coruñesa Baía Edicións publicará o primeiro libro de maxia para nenos publicado en galego O PAZO MÁXICO: A TÚA PRIMEIRA ESCOLA DE MAXIA escrito por Pedro Volta.

Publicacións

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.